Contarán cun espazo os tres días

NOTICIAS A LIMIA | O CDR O Viso e a Escola Rural de Saúde estarán na Feira do Comercio

Feira do Comercio de ProLimia do ano 2022.

A Feira do Comercio de ProLimia comezará este venres a súa cuarta edición no pavillón municipal de Xinzo. Nela estarán presentes moitos negocios locais, pero tamén haberá un espazo para entidades como o CDR O Viso e a Escola Rural de Saúde, que disporán dun posto para dar a coñecer a súa actividade.

 

No caso do CDR O Viso, as persoas que se acheguen stand, ademais de informarse dos servizos que ofrecen, tamén poderán formar parte de varias actividades e obradoiros que terán ao longo dos tres días que dura a feira. O venres ás 17:00 horas contarán cun intercambio de sementes de cultivos autóctonos da Limia.

O CDR O Viso anuncia que estará na Feira do Comercio de Xinzo.

 

O sábado seguirán estando presentes na feira e ofrecerán dúas actividades distintas. Pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas, poderase crear un ecosistema propio ao levar un tarro de cristal, baleiro e con tapa. Logo, pola tarde, organizarán unha sesión de xogos tradicionais entre 19:00 e as 20:00 horas.

A Escola Rural de Saúde da Limia participarán con outro espazo nesta feira do comercio. Nel, ademais de informar sobre a actividade que levan a cabo na comarca, realizarán medicións de tensión arterial e de glucosa en sangue para quen así o desexe.

Cartel da Escola Rural de Saúde da Limia pola súa presenza na Feira do Comercio.