jueves. 21.11.2024

A Feira do Comercio de Xinzo de Limia defínese coma “un escaparate único para amosar o potencial dos negocios limiáns”. Así comentou o alcalde, Amador Díaz, acompañado polos concelleiros de Promoción Económica, Ricardo Sieiro; o presidente do INORDE, Rosendo Fernández; a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez;  e membros da directiva de Prolimia encabezada por Conchi Conde; durante a presentación da IV edición desta iniciativa en favor do comercio local. 

O rexedor lembra que “unha edición máis esta Feira do Comercio potenciará ós pequenos negocios da nosa vila, que son os que nos atenden con cariño, proximidade e profesionalidade durante todo o ano”. 

 

Pola súa parte, dende Prolimia queren agradecer unha vez máis “a colaboración de diferentes asociacións e das institucións, especialmente ó Concello de Xinzo de Limia e ó INORDE, que apoian crecentemente este proxecto dende a súa primeira edición”.

Durante os tres días nos que se desenvolverá a feira levaranse a cabo degustacións gastronómicas, actuacións musicais, obradoiros e outras propostas consideradas de gran interese. Para os nenos haberá tamén entretemento con inchables no exterior do pavillón. 

As previsións con esta feira, que se inaugura o venres 25 de agosto ás 12.00 horas, son moi optimistas tendo en conta o crecente apoio por parte da cidadanía a esta iniciativa, sobre todo despois do gran éxito da pasada edición.

 

Programación

Viernes 25/08/22

  • 12:00 horas: Apertura de Feira e inauguración con Autoridades. (Colaboración especial da Agrupación Musical da Limia)
  • 12:30 horas: Degustación de productos aportados polos negocios da comarca da Limia.
  • 16:00 horas: Torneo Minibasket Prolimia (entrega de premios ó finalizar no Stand da Asociación Prolimia).
  • 18:00 horas: Taller de barro impartido por “Arte Arrebol”.
  • 19:00 horas: Exhibición cabalo árabe gañador do premio “Morfofuncionalidade: Movementos e estética”.
  • 20:00 horas: Xogo do bingo con premios inmediatos (Os cartóns para poder participar neste xogo conseguiranse nos stands que están na feira coas compras que se fagan).
  • 21:00 horas: Peche.

Sábado 26/08/22

  • 10:00 horas: Apertura de Feira.
  • 11:00 horas: Obradoiro de Macramé impartido por “Rosa Artesanía”.
  • 11:30 horas: “Arte con motoserra” (Colaboración especial de Quellemoto).
  • 12:00 horas: Sesión vermouth con Disco Móvil M.D.R. 
  • 18:00 horas: Actuación Charanga Achicoria.
  • 18:00 horas: Taller de barro impartido por “Arte Arrebol”.
  • 20:00 horas: Xogo do bingo con premios inmediatos (Os cartóns para poder participar neste xogo conseguiranse nos stands que están na feira coas compras que se fagan).
  • 21:00 horas: Peche.

Domingo 28/08/22

  • 10:00 horas: Apertura da Feira
  • 11:00 horas: Obradoiro de Macramé impartido por “Rosa Artesanía”.
  • 11:30 horas: Pasarrúas co grupo "Tarde Piache" (Escola Mun. de Gaitas & Percusión).
  • 12:00 horas: Sesión vermouth con Disco Móvil.
  • 18:00 horas: Taller de barro impartido por “Arte Arrebol”.
  • 18:30 horas a 20:00 horas: Bautismo ecuestre en poni ou en cabalo para nenos e adultos (Entradas gratis e limitadas).
  • 20:00 horas: Xogo do bingo con premios inmediatos (Os cartóns para poder participar neste xogo conseguiranse nos stands que están na feira coas compras que se fagan).
  • 20:30 horas: Sorteo PREMIO FINAL DE FEIRA: Consistirá nun sorteo dunha viaxe para 2 persoas. (As participacións repartiranse durante os 3 días de Feira coas compras. A persona que resulte premiada deberá estar presente no recinto feiral no momento do sorteo).
  • 21:00 horas: Peche.

Ademais:

  • Colchonetas para os máis pequenos á entrada do Recinto Feiral (entrada gratis).
  • Torneo Minibasket Prolimia 
  • Globo aerostático (Terán dereito a participar nesta actividade client@s que teñen entradas pendentes da Campaña anterior). Tamén haberá exhibición de Globo polo Ceo da comarca da Limia).
  • Stand da Asociación Escola Rural de Saude da Limia, promocionando a saúde integral. Medición de glucosa e tensión arterial.
  • Stand CDR O Viso:  Proxectos integrais e servizos de proximidade para a comunidade máis vulnerable da comarca da Limia.

NOTICIAS XINZO | Medio cento de establecementos ofertarán os seus produtos na IV Feira...