Descubrirase unha placa na súa casa natal
NOTICIAS XINZO | A matrona Genoveva Vázquez recibirá unha homenaxe este venres
21 de marzo de 2023 (17:17 h.)
Continúan as homenaxes do Concello de Xinzo. Se a pasada fin de semana se lle concedeu a distinción de Fillo Adoptivo a Ramón de la Fuente, este venres será a quenda de Genoveva Vázquez Calviño. A matroa, que durante máis de cinco décadas asistiu ao parto de moitas mulleres da comarca, será lembrada a título póstumo co descubrimento dunha placa na súa casa natal.
O acto comezará ás 18:00 horas no Salón de Plenos, onde se falará sobre a figura de Vázquez Calviño e o que supuxo o labor que desempeñou ata a década dos 70. Posteriormente, descubrirase a placa na súa casa natal, situada na rúa Serra de Manzaneda.