jueves. 21.11.2024

Continúan as homenaxes do Concello de Xinzo. Se a pasada fin de semana se lle concedeu a distinción de Fillo Adoptivo a Ramón de la Fuente, este venres será a quenda de Genoveva Vázquez Calviño. A matroa, que durante máis de cinco décadas asistiu ao parto de moitas mulleres da comarca, será lembrada a título póstumo co descubrimento dunha placa na súa casa natal.

O acto comezará ás 18:00 horas no Salón de Plenos, onde se falará sobre a figura de Vázquez Calviño e o que supuxo o labor que desempeñou ata a década dos 70. Posteriormente, descubrirase a placa na súa casa natal, situada na rúa Serra de Manzaneda.

Cartel do acto en homenaxe a Genoveva Vázquez Calviño.
Cartel do acto en homenaxe a Genoveva Vázquez Calviño.

 

NOTICIAS XINZO | A matrona Genoveva Vázquez recibirá unha homenaxe este venres