A entidade confirma a compra mais di que non ten aínda “un proxecto específico para o solar”

NOTICIAS XINZO | A Fundación San Rosendo adquire a parcela do antigo matadoiro de Xinzo

Parcela do antigo matadoiro, na avenida de Madrid en Xinzo. | FOTOS: Noelia Caseiro.

A Fundación San Rosendo, propietaria da Residencia Santa Mariña en Xinzo, confirmou este xoves á adquisición da parcela do antigo matadoiro de Xinzo de Limia. Fontes da Fundación explicaron que "non temos aínda un proxecto específico asignado a esa parcela". 


A parcela do antigo matadoiro é un conxunto de edificacións, que inclúe un depósito de auga e varios patios nunhas tres hectáreas de superficie, situada entre a avenida de Madrid, a avenida de Portugal e o río Limia, e que linda coa gasolineira da saída cara a Madrid na N-525.


A sociedade que xestionaba o matadoiro, Frigorífico Rubio, S.A., entrou en fase de disolución en abril de 2021, despois de ter declarado o concurso de acredores a finais de 2019. Os terreos do matadoiro foran pretendidos polo Grupo ICG en 2010 para instalar un centro industrial cárnico de alta tecnoloxía. O proxecto non chegou a concretarse.  


A Fundación San Rosendo, que xestiona uns 60 centros asistenciais para maiores en todo Galicia, comprou agora a parcela mais non explica a que uso será destinada. "Valoramos a súa ubicación e capacidades de desenvolvemento para ter dispoñible para futuros proxectos da Fundación, pero aínda non hai ningún planificado", explican fontes da Fundación.

Interior da parcela, desde o río.

Valoramos as súas capacidades de desenvolvemento para ter dispoñible para futuros proxectos da Fundación, pero aínda non hai ningún planificado", explican fontes da Fundación.

Hai apenas dous meses, a mediados de maio, o goberno municipal de Xinzo de Limia anunciou a través da alcaldesa, El vira Lama, a construción dunha residencia de maiores en Xinzo. A parcela elixida sitúase na Devesa, xunto ao Polígono Industrial. Este centro contaría con 58 camas, que xunto as 52 da Residencia Santa Mariña completarían a oferta de prazas en Xinzo. Agora, a iniciativa privada parece que se adiantou.