A Fundación San Rosendo, propietaria da Residencia Santa Mariña en Xinzo, confirmou este xoves á adquisición da parcela do antigo matadoiro de Xinzo de Limia. Fontes da Fundación explicaron que "non temos aínda un proxecto específico asignado a esa parcela".
A parcela do antigo matadoiro é un conxunto de edificacións, que inclúe un depósito de auga e varios patios nunhas tres hectáreas de superficie, situada entre a avenida de Madrid, a avenida de Portugal e o río Limia, e que linda coa gasolineira da saída cara a Madrid na N-525.
A sociedade que xestionaba o matadoiro, Frigorífico Rubio, S.A., entrou en fase de disolución en abril de 2021, despois de ter declarado o concurso de acredores a finais de 2019. Os terreos do matadoiro foran pretendidos polo Grupo ICG en 2010 para instalar un centro industrial cárnico de alta tecnoloxía. O proxecto non chegou a concretarse.
A Fundación San Rosendo, que xestiona uns 60 centros asistenciais para maiores en todo Galicia, comprou agora a parcela mais non explica a que uso será destinada. "Valoramos a súa ubicación e capacidades de desenvolvemento para ter dispoñible para futuros proxectos da Fundación, pero aínda non hai ningún planificado", explican fontes da Fundación.
Valoramos as súas capacidades de desenvolvemento para ter dispoñible para futuros proxectos da Fundación, pero aínda non hai ningún planificado", explican fontes da Fundación.
Hai apenas dous meses, a mediados de maio, o goberno municipal de Xinzo de Limia anunciou a través da alcaldesa, El vira Lama, a construción dunha residencia de maiores en Xinzo. A parcela elixida sitúase na Devesa, xunto ao Polígono Industrial. Este centro contaría con 58 camas, que xunto as 52 da Residencia Santa Mariña completarían a oferta de prazas en Xinzo. Agora, a iniciativa privada parece que se adiantou.