Máis de 40 grupos e artistas

NOTICIAS XINZO | Velaquí a completa programación do Entroido 2025

Carlos Gómez, Miguel Carballo, Ricardo Sieiro, Amador Díaz e Suso Fariñas. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Entroido de Xinzo de Limia, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, arrancará o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata, nunha edición que reafirma o seu carácter como o Entroido máis extenso e único de Europa.

Organizado pola Concellería de Festas, dirixida por Ricardo Sieiro, o programa deste ano aposta por un Entroido seguro, accesible e con actividades para todas e todos, co obxectivo de ofrecer unha experiencia de calidade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

Carlos Gómez, Miguel Carballo, Ricardo Sieiro, Amador Díaz e Suso Fariñas.

O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, subliñou: "O Entroido de Xinzo é unha cita imprescindible, non só para a nosa vila, senón para toda Galicia e máis aló. É un orgullo convidar a todas e todos a participar nunha celebración que pon en valor a nosa cultura, a nosa tradición e a nosa hospitalidade".

A música será unha das grandes protagonistas do Entroido 2025, con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación. Entre os nomes destacados atópanse Pelepau, que actuará no Colgamento do Meco, a orquestra Kubo, que pechará o Domingo de Piñata, e a actuación especial de Leticia Sabater na 1ª Festa Glam Entroido.

Con máis dun mes de actividades, Xinzo de Limia converterase no epicentro da festa, a cultura e a diversión, ofrecendo a todas e todos unha oportunidade única para vivir o Entroido máis longo de Europa. Este Entroido aspira a ser, unha vez máis, un referente de calidade, tradición,  modernidade e seguridade.

Programa completo, día a día

 

8 DE FEBREIRO SÁBADO DO "PETARDAZO"

21:00  Praza de San Roque: previo petardazo con JACKLOOPS, LETHX SOUND, MUIÑOS E JOHN CHRST.     

23:00  Praza Carlos Casares: comezo do espectáculo A GRAMOLA TOUR LIFE.

00:00  Praza Carlos Casares: PETARDAZO BENVIDA ENTROIDO 2025. 

00:10  Praza Carlos Casares: comezo do pasarrúas con XITUMA BATUKE.

00:15  Praza Carlos Casares: A GRAMOLA TOUR LIFE. 

00:30  Praza de San Roque: segue a festa con JAY RODRIC (intro), LA VERA NOTTE e DANI RODRÍGUEZ.

01:00 Comezo do pasarrúas con ACHICORIA.

02:00 Segundo pase con XITUMA BATUKE.

O petardazo chegou e un mes de troula en Xinzo arrincou. | FOTO: Noelia Caseiro.

9 DE FEBREIRO "DOMINGO FARELEIRO"

16:30 Saída do museo do Entroido do carro coa fariña. 

17:00 Reparto da fariña e posterior comezo da farelada na Praza Maior.

Gran Domingo Fareleiro o vivido na Praza Maior de Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

15 DE FEBREIRO SÁBADO DO "COLGAMENTO DO MECO"

Entre lusco e fusco, o Meco percorrerá o casco vello dende o Museo Galego do Entroido ata a praza de Oriente acompañado de toda a comitiva do Entroido.

19:30 Comezo da procesión do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior pasando por A Sé, Do Peto e Avenida de Ourense.

21:00 Rúa Curros Enríquez: comezo do concerto-espectáculo con Vai Rañala Meu e ZURRAMALLA.

O Colgamento do Meco 2022 en Xinzo. 

16 DE FEBREIRO "DOMINGO OLEIRO"

12:00 Saída dende o MUGAE do carro coas olas.

12:30 Oleiro Infantil na Praza Maior.

16:30 Saída dende o MUGAE do carro das olas.

17:00 Oleiro na Praza Maior e rúas do casco vello.

Durante todo o día a música e a animación non descansará contando con grupos coma Tarde Piache, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos de Antioquía e Aimil por rúas e prazas.

(Agradécese a todas as persoas participantes que porten vestimentas do estilo da primeira metade do século XX)

Domingo Oleiro do Entroido de 2023. | FOTO: Noelia Caseiro.

22 FEBREIRO "SABADO CORREDOIRO"

21:00 Praza San Roque: Xuntanza de disfraces e grupos de disfraces para iniciar o baile de corredoiro coa orquestra LOS PLAYERS (1º pase).

PASARRÚAS:

22:00 Charanga Sound Band.

23.00 Charanga Élite.

00:00 Baile de disfraces coa orquestra LOS PLAYERS  (2º Pase). 

00:00 Charanga Sound Band.

01:00 Charanga Élite.

02:00 Charanga Sound Band.

23 DE FEBREIRO "DOMINGO DE CORREDOIRO"

Primeiro día no que as Pantallas saen á rúa no Entroido 2025.

12:00 Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas diante do MUGAE para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior por Dous de maio e Avenida de Madrid.

PASARRÚAS:

12:00 Charanga Élite.            

13:00 Charanga Sound Band.        

14.00 Charanga Élite.            

18:00 Charanga Sound Band    

19:00 Charanga Élite.    

20:00 Charanga Sound Band.

21:00  Charanga Élite.        

Domingo Corredoiro. | FOTO: Noelia Caseiro.

28 DE FEBREIRO VENRES DE ENTROIDO

11:30 Gran desfile infantil polas principais rúas da Vila acompañado pola música das charangas e de grupos de animación.

Desfile infantil de Entroido en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

18:00 Animación Infantil. Na Praza Maior.

21:00 Praza Maior Primeiro pase da Charanga LOUBAND.

22:00 Comezo da 1ª Festa Glam Entroido de Xinzo coa actuación estelar de LETICIA SABATER e recoñecidos DJ'S.  

(Prégase vir vestidos con temática ochenteira, brilli brilli ou similar).

23:30 Praza Maior Charanga LOUBAND.

1 DE MARZO SABADO DE ENTROIDO

PASARRÚAS:

12:00 Charanga X.

13:00 Charanga LOS FUGITIVOS

14:00 Charanga X. 

18:00 Concerto da AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA. Na carpa da media lúa do Toural.

Concerto da Agrupación Musical da Limia no Entroido 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.

PASARRÚAS:

18:00 Charanga X.

19:00 Charanga ACHICORIA.

20:00 Charanga LOS FUGITIVOS.

21:00 Charanga PATALEA.

21:30 Praza San Roque Orquestra TRÉBOL.

PASARRÚAS:

22:00 Charanga LOS FUGITIVOS.

22.30 Charanga PATALEA.

23:00 Charanga ACHICORIA.

00:00 Charanga PATALEA.

00:00 Orquestra Trébol. Na carpa da media lúa do Toural.

12:30 Praza Maior comezo da actuación de LA DUENDENETA.

PASARRÚAS:

01:00 Charanga LOS FUGITIVOS.

02:00 Charanga PATALEA.

2 DE MARZO DOMINGO DE ENTROIDO

11:00 Alborada coa charanga BANDIÑOS BAND.

11:30 Alborada coa Agrupación Musical da Limia.

12:00 Charanga PATALEA.

12:30 Praza Maior sesión vermú con LA DUENDENETA.

13:00 Charanga ACHICORIA.

14:00 Charanga PATALEA.    

18:00 Charanga LOS FUGITIVOS.   

19:00 Charanga PATALEA. 

20.00 Charanga ARMANDO JARANA.

21:00 Charanga LOS FUGITIVOS.

22:00 Charanga ARMANDO JARANA.

23:00 Pasarrúas cos FESTICULTORES TROUPE.

00:00 Charanga LOS FUGITIVOS.

01:00 Praza Maior FESTICULTORES TROUPE. 

3 MARZO LUNS DE ENTROIDO 

PASARRÚAS:

12:00 Charanga ARMANDO JARANA.

13:00 Charanga BBB.

14:00 Charanga ARMANDO JARANA.

18:00 Charanga BBB.

18:30 Praza Maior ANIMACIÓN INFANTIL.

19:00 Charanga BCB.

20:00 Charanga ACHICORIA.

21:00 Charanga BB+.

22:00 Charanga ARMANDO JARANA.

22:30 Charanga BBB.

23:00 Charanga BCB.

23:30 Charanga ARMANDO JARANA.

00:00 Charanga BB+.

00:30 Charanga ACHICORIA.

01:00 Charanga BCB.

01:30 Charanga BB+.     

Entroido de Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

4 DE MARZO MARTES DE ENTROIDO

12:00 Charanga BBB.

13:00 Charanga  BB+.

14:00 Charanga BBB.

17:00 GRAN DESFILE do Entroido 2025 (Haberá 3000 euros en premios).

19:00 Praza San Roque Orquestra ORIGEN. 

19:00 Charanga  BBB.

20:00 Charanga  BB+.

21:00 Charanga  ACHICORIA.

Desfile Entroido de Xinzo de Limia no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.

5 MARZO "ENTERRO DA SARDIÑA"

20:00 Solemne Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia.

21:00 Lectura do testamento que deixou a Sardiña na Praza Maior e posterior queima da sardiña.

Enterro da Sardiña en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

8 MARZO SABADO DE PIÑATA

18:30 Praza Maior Xogo da CUCAÑA. 

20:00 Praza Maior Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do DUO EXPLOSIÓN.

(Prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada)

9 DE MARZO DOMINGO DE PIÑATA

12:00 Charanga QUELOQUE´S.

13:00 Charanga BCB.

14:00 Charanga QUELOQUE´S.

17:30 Praza Maior: actividades Infantís e obradoiros.

18:00 Charanga BCB.                                                                          

19:00 Avda. de Ourense ACTUACIÓN DA GRAN ORQUESTRA KUBO.

20:00 Charanga QUELOQUE´S.                     

21:00 Charanga BCB. 

Cartel Entroido de Xinzo de Limia 2025.