O Entroido de Xinzo de Limia, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, arrancará o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata, nunha edición que reafirma o seu carácter como o Entroido máis extenso e único de Europa.
Organizado pola Concellería de Festas, dirixida por Ricardo Sieiro, o programa deste ano aposta por un Entroido seguro, accesible e con actividades para todas e todos, co obxectivo de ofrecer unha experiencia de calidade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.
O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, subliñou: "O Entroido de Xinzo é unha cita imprescindible, non só para a nosa vila, senón para toda Galicia e máis aló. É un orgullo convidar a todas e todos a participar nunha celebración que pon en valor a nosa cultura, a nosa tradición e a nosa hospitalidade".
A música será unha das grandes protagonistas do Entroido 2025, con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación. Entre os nomes destacados atópanse Pelepau, que actuará no Colgamento do Meco, a orquestra Kubo, que pechará o Domingo de Piñata, e a actuación especial de Leticia Sabater na 1ª Festa Glam Entroido.
Con máis dun mes de actividades, Xinzo de Limia converterase no epicentro da festa, a cultura e a diversión, ofrecendo a todas e todos unha oportunidade única para vivir o Entroido máis longo de Europa. Este Entroido aspira a ser, unha vez máis, un referente de calidade, tradición, modernidade e seguridade.
Programa completo, día a día
8 DE FEBREIRO SÁBADO DO "PETARDAZO"
21:00 Praza de San Roque: previo petardazo con JACKLOOPS, LETHX SOUND, MUIÑOS E JOHN CHRST.
23:00 Praza Carlos Casares: comezo do espectáculo A GRAMOLA TOUR LIFE.
00:00 Praza Carlos Casares: PETARDAZO BENVIDA ENTROIDO 2025.
00:10 Praza Carlos Casares: comezo do pasarrúas con XITUMA BATUKE.
00:15 Praza Carlos Casares: A GRAMOLA TOUR LIFE.
00:30 Praza de San Roque: segue a festa con JAY RODRIC (intro), LA VERA NOTTE e DANI RODRÍGUEZ.
01:00 Comezo do pasarrúas con ACHICORIA.
02:00 Segundo pase con XITUMA BATUKE.
9 DE FEBREIRO "DOMINGO FARELEIRO"
16:30 Saída do museo do Entroido do carro coa fariña.
17:00 Reparto da fariña e posterior comezo da farelada na Praza Maior.
15 DE FEBREIRO SÁBADO DO "COLGAMENTO DO MECO"
Entre lusco e fusco, o Meco percorrerá o casco vello dende o Museo Galego do Entroido ata a praza de Oriente acompañado de toda a comitiva do Entroido.
19:30 Comezo da procesión do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior pasando por A Sé, Do Peto e Avenida de Ourense.
21:00 Rúa Curros Enríquez: comezo do concerto-espectáculo con Vai Rañala Meu e ZURRAMALLA.
16 DE FEBREIRO "DOMINGO OLEIRO"
12:00 Saída dende o MUGAE do carro coas olas.
12:30 Oleiro Infantil na Praza Maior.
16:30 Saída dende o MUGAE do carro das olas.
17:00 Oleiro na Praza Maior e rúas do casco vello.
Durante todo o día a música e a animación non descansará contando con grupos coma Tarde Piache, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos de Antioquía e Aimil por rúas e prazas.
(Agradécese a todas as persoas participantes que porten vestimentas do estilo da primeira metade do século XX)
22 FEBREIRO "SABADO CORREDOIRO"
21:00 Praza San Roque: Xuntanza de disfraces e grupos de disfraces para iniciar o baile de corredoiro coa orquestra LOS PLAYERS (1º pase).
PASARRÚAS:
22:00 Charanga Sound Band.
23.00 Charanga Élite.
00:00 Baile de disfraces coa orquestra LOS PLAYERS (2º Pase).
00:00 Charanga Sound Band.
01:00 Charanga Élite.
02:00 Charanga Sound Band.
23 DE FEBREIRO "DOMINGO DE CORREDOIRO"
Primeiro día no que as Pantallas saen á rúa no Entroido 2025.
12:00 Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas diante do MUGAE para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior por Dous de maio e Avenida de Madrid.
PASARRÚAS:
12:00 Charanga Élite.
13:00 Charanga Sound Band.
14.00 Charanga Élite.
18:00 Charanga Sound Band
19:00 Charanga Élite.
20:00 Charanga Sound Band.
21:00 Charanga Élite.
28 DE FEBREIRO VENRES DE ENTROIDO
11:30 Gran desfile infantil polas principais rúas da Vila acompañado pola música das charangas e de grupos de animación.
18:00 Animación Infantil. Na Praza Maior.
21:00 Praza Maior Primeiro pase da Charanga LOUBAND.
22:00 Comezo da 1ª Festa Glam Entroido de Xinzo coa actuación estelar de LETICIA SABATER e recoñecidos DJ'S.
(Prégase vir vestidos con temática ochenteira, brilli brilli ou similar).
23:30 Praza Maior Charanga LOUBAND.
1 DE MARZO SABADO DE ENTROIDO
PASARRÚAS:
12:00 Charanga X.
13:00 Charanga LOS FUGITIVOS
14:00 Charanga X.
18:00 Concerto da AGRUPACIÓN MUSICAL DA LIMIA. Na carpa da media lúa do Toural.
PASARRÚAS:
18:00 Charanga X.
19:00 Charanga ACHICORIA.
20:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
21:00 Charanga PATALEA.
21:30 Praza San Roque Orquestra TRÉBOL.
PASARRÚAS:
22:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
22.30 Charanga PATALEA.
23:00 Charanga ACHICORIA.
00:00 Charanga PATALEA.
00:00 Orquestra Trébol. Na carpa da media lúa do Toural.
12:30 Praza Maior comezo da actuación de LA DUENDENETA.
PASARRÚAS:
01:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
02:00 Charanga PATALEA.
2 DE MARZO DOMINGO DE ENTROIDO
11:00 Alborada coa charanga BANDIÑOS BAND.
11:30 Alborada coa Agrupación Musical da Limia.
12:00 Charanga PATALEA.
12:30 Praza Maior sesión vermú con LA DUENDENETA.
13:00 Charanga ACHICORIA.
14:00 Charanga PATALEA.
18:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
19:00 Charanga PATALEA.
20.00 Charanga ARMANDO JARANA.
21:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
22:00 Charanga ARMANDO JARANA.
23:00 Pasarrúas cos FESTICULTORES TROUPE.
00:00 Charanga LOS FUGITIVOS.
01:00 Praza Maior FESTICULTORES TROUPE.
3 MARZO LUNS DE ENTROIDO
PASARRÚAS:
12:00 Charanga ARMANDO JARANA.
13:00 Charanga BBB.
14:00 Charanga ARMANDO JARANA.
18:00 Charanga BBB.
18:30 Praza Maior ANIMACIÓN INFANTIL.
19:00 Charanga BCB.
20:00 Charanga ACHICORIA.
21:00 Charanga BB+.
22:00 Charanga ARMANDO JARANA.
22:30 Charanga BBB.
23:00 Charanga BCB.
23:30 Charanga ARMANDO JARANA.
00:00 Charanga BB+.
00:30 Charanga ACHICORIA.
01:00 Charanga BCB.
01:30 Charanga BB+.
4 DE MARZO MARTES DE ENTROIDO
12:00 Charanga BBB.
13:00 Charanga BB+.
14:00 Charanga BBB.
17:00 GRAN DESFILE do Entroido 2025 (Haberá 3000 euros en premios).
19:00 Praza San Roque Orquestra ORIGEN.
19:00 Charanga BBB.
20:00 Charanga BB+.
21:00 Charanga ACHICORIA.
5 MARZO "ENTERRO DA SARDIÑA"
20:00 Solemne Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia.
21:00 Lectura do testamento que deixou a Sardiña na Praza Maior e posterior queima da sardiña.
8 MARZO SABADO DE PIÑATA
18:30 Praza Maior Xogo da CUCAÑA.
20:00 Praza Maior Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do DUO EXPLOSIÓN.
(Prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada)
9 DE MARZO DOMINGO DE PIÑATA
12:00 Charanga QUELOQUE´S.
13:00 Charanga BCB.
14:00 Charanga QUELOQUE´S.
17:30 Praza Maior: actividades Infantís e obradoiros.
18:00 Charanga BCB.
19:00 Avda. de Ourense ACTUACIÓN DA GRAN ORQUESTRA KUBO.
20:00 Charanga QUELOQUE´S.
21:00 Charanga BCB.