Do 13 ao 20 de abril

NOTICIAS XINZO | Velaquí a programación de Semana Santa no concello

Procesión do Santo Enterro en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

No marco da presentación conxunta da Semana Santa na Diocese de Ourense, que tivo lugar o 7 de abril no Bispado, Xinzo de Limia volve amosar o seu compromiso coa tradición e a fe cristiá cunha programación que mestura devoción, simbolismo e participación comunitaria.

Nesta Semana Santa, os actos litúrxicos e procesionais converterán as rúas da vila nun espazo de encontro e espiritualidade. Entre os momentos máis destacados, salientamos a procesión de Xesús no Horto, na noite do Xoves Santo, e a solemne procesión do Santo Enterro o Venres Santo, expresións vivas dunha tradición que perdura grazas ao esforzo das confrarías, os fieis e toda a comunidade parroquial.

Xinzo únese así ás demais vilas da diocese para celebrar con fondura os misterios centrais da fe cristiá, nun tempo de reflexión, esperanza e renovación.

DOMINGO DE RAMOS

9:00: Misa na Igrexa Vella
12:00: Bendición de Ramos na Igrexa Vella, Procesión e Misa na Igrexa Nova
20:00: Misa na Igrexa Nova

Domingo de Ramos no Concello de Xinzo de Limia no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

Paralelamente aos actos relixiosos, tamén se poderá gozar das seguintes actividades musicais:

13:30: Praza Maior
Sesión vermú con LETHX SOUND

19:00: Esplanada do Toural
Actuación da espectacular orquestra KUBO

Programación do Domingo de Ramos no Concello de Xinzo de Limia.

 

XOVES SANTO
 

10:00-13:00 h: Confesións na Igrexa Nova
19:00: Celebración da "Última Cea" Procesión de "Xesús no Horto"
22:00: Hora Santa Parroquial
00:00: Adoración Nocturna

VENRES SANTO
 

10:00: Laudes - Adoración
12:00: Viacrucis para nenos/as
19:00: Celebración da "Paixón do Señor"
21:00: PROCESIÓN do "Santo Enterro"

Procesión do Santo Enterro en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

SÁBADO SANTO
 

10:00: Oración con María
12:00: Viacrucis Parroquial
22:00: Solemne Vixilia Pascual

Igrexa Nova de Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

DOMINGO DE PASCUA
 

12:00: Misa solemne
20:00: Misa