No marco da presentación conxunta da Semana Santa na Diocese de Ourense, que tivo lugar o 7 de abril no Bispado, Xinzo de Limia volve amosar o seu compromiso coa tradición e a fe cristiá cunha programación que mestura devoción, simbolismo e participación comunitaria.
Nesta Semana Santa, os actos litúrxicos e procesionais converterán as rúas da vila nun espazo de encontro e espiritualidade. Entre os momentos máis destacados, salientamos a procesión de Xesús no Horto, na noite do Xoves Santo, e a solemne procesión do Santo Enterro o Venres Santo, expresións vivas dunha tradición que perdura grazas ao esforzo das confrarías, os fieis e toda a comunidade parroquial.
Xinzo únese así ás demais vilas da diocese para celebrar con fondura os misterios centrais da fe cristiá, nun tempo de reflexión, esperanza e renovación.
DOMINGO DE RAMOS
9:00: Misa na Igrexa Vella
12:00: Bendición de Ramos na Igrexa Vella, Procesión e Misa na Igrexa Nova
20:00: Misa na Igrexa Nova

Paralelamente aos actos relixiosos, tamén se poderá gozar das seguintes actividades musicais:
13:30: Praza Maior
Sesión vermú con LETHX SOUND
19:00: Esplanada do Toural
Actuación da espectacular orquestra KUBO

XOVES SANTO
10:00-13:00 h: Confesións na Igrexa Nova
19:00: Celebración da "Última Cea" Procesión de "Xesús no Horto"
22:00: Hora Santa Parroquial
00:00: Adoración Nocturna
VENRES SANTO
10:00: Laudes - Adoración
12:00: Viacrucis para nenos/as
19:00: Celebración da "Paixón do Señor"
21:00: PROCESIÓN do "Santo Enterro"

SÁBADO SANTO
10:00: Oración con María
12:00: Viacrucis Parroquial
22:00: Solemne Vixilia Pascual

DOMINGO DE PASCUA
12:00: Misa solemne
20:00: Misa