O Concello de Xinzo de Limia informa da dispoñibilidade dun visor cartográfico en liña que permite consultar a localización e extensión das franxas secundarias de xestión obrigatoria de biomasa no municipio.
Esta ferramenta, habilitada a través da plataforma ArcGIS da Xunta de Galicia, permite identificar as zonas que deben cumprir coa obrigación legal de manter limpas e libres de vexetación combustible os primeiros 50 metros arredor de vivendas, núcleos de poboación, estradas ou infraestruturas sensibles.

A consulta pode facerse directamente desde calquera dispositivo a través da seguinte ligazón:
Dende o Concello faise un chamamento á responsabilidade individual para cumprir coa normativa e reducir o risco de incendios forestais, especialmente nos meses de maior risco.
A xestión destas franxas é obrigatoria segundo a Lei de Montes de Galicia e afecta tanto a propiedades particulares como a comunidades de montes ou administracións públicas. En caso de incumprimento, os concellos poden actuar subsidiariamente.