O sábado haberá partidos durante case 20 horas seguidas

NOTICIAS XINZO | Preto dunha trintena de equipos participan no Torneo de Fútbol Sala 2023

Cartel cos horarios do torneo.

Este venres dará comezo o Torneo de Fútbol Sala que se celebra de xeito paralelo ás festas de Santa Mariña en Xinzo, promovido polo Concello. Preto de 30 equipos participarán neste campionato, que terá lugar no Pavillón Municipal e contará cunha xornada maratoniana o sábado. A primeira xornada, a deste 14 de xullo, adicarase aos participantes sub-16, que disputarán os seus partidos entre as 17:00 e 22:30 horas.

O sábado, o primeiro encontro da categoría absoluta será ás 9:30 horas e os partidos continuarán ata as 5:00 da mañá do domingo. O 16 de xullo continuará cos partidos máis decisivos do torneo. Ás 10:00 horas disputaranse os oitavos de final, antes de que ás 12:00 horas se enfronten os equipos finalistas da categorías sub-16.

 

O campionato retomará os encontros dos máis maiores cos cuartos de final ás 13:30 horas. Posteriormente, ás 17:00 horas haberá a semifinal local e ás 18:30, outra seminal. A final disputarase de igual xeito, cun primeiro encontro ás 20:30 horas e outro ás 21:30.

Os participantes terán premios segundo as posicións que acaden no torneo, xunto cun trofeo. O gañador recibirá 2.000 euros, o segundo clasificado levará 800 e o terceiro, 300. Ao cuarto clasificado entregaráselle un trofeo pola súa participación. No ámbito local, o gañador recibirá 300 euros. Na categoría sub-16, os premiados levarán diferentes vales dos patrocinadores.