sábado. 23.11.2024

As Festas de Santa Mariña comezarán este sábado en Xinzo para vivir catro días de troula e moita música. A programación, organizada polo Concello e a Comisión do Entroido, presentouse este luns coa presenza do alcalde, Amador Díaz; o concelleiro de Festexos, Ricardo Sieiro; o edil de Cultura, Carlos Gómez; e Adriana Jiménez e Fernando Paz como membros da comisión de festas.

A programación destas festas patronais é ampla e variada, que teñen por obxectivo favorecer a participación cidadá, atendendo ás demandas musicais e culturais da veciñanza. Por iso, contará cunha vintena actuacións musicais entre as que destaca o "Lost in Antioquía Festival", que terá lugar o domingo a partir das 19:00 horas. Nel actuarán os DJs locais Pablo Marques e Pablo Seguín, ademais de contar con Groove Amigos de André Vázquez, que formou parte de carteis como Ministry of Sound, en Londres, ou O Son do Camiño, en Santiago. Por último, o artista máis destacado desta proposta será o canario Dasoul.

 

A comisión de festas tamén destacou a actuación de Mondra, un artista que está de actualidade no ámbito de folclore galego; ou a do grupo local En Mala Hora. Ademais, ao longo destes días de festa haberá diversos espazos adicados aos máis pequenos de Xinzo, que desfrutarán de espectáculos de maxia e música infantil. O día grande destas festas, o 18 de xullo, os Xigantes e Cabezudos sairán de novo ás rúas para conseguir recuperar esta tradición.

Amador Díaz aproveitou a ocasión para agradecerlle á comision de festas otraballo incansable e desinteresado por sacar adiante iniciativas que benefician a todo o pobo. Por outra banda, o Ricardo Sieiro animou á veciñanza a participar nestas festas e tamén a colaborar activamente no debate de ideas. “Consideramos fundamental a participación cidadá nos aspectos do Concello, máis se cabe no referente ó eido dos festexos”, destacou. Sobre a programación, sinalou que son unhas "festas de transición, no futuro serán diferentes e seguramente tamén mellores, pero de momento temos unha festas dignas que todo o mundo desfrutará".

En paralelo, haberá un torneo de fútbol que comezará o venres e rematará o domingo, organizado con motivo das festas. Tamén o día 14, os nenos contarán con inchables nas piscinas municipais.

 

PROGRAMACIÓN

Sábado 15 de xullo

  • Sesión vermú ás 12:30 horas con Lethx Sound na Praza Maior e na Praza de Oriente.
  • Actuación infantil ás 19:00 horas con Kote Malabar na Praza Xoán XXIII.
  • Nova actuación de Lethx Sound ás 22:00 horas na Praza de Oriente.

 

Domingo 16 de xullo

  • Sesión vermú con Micalips ás 12:30 horas na Praza Maior e con Lethx Sound na Praza de Oriente.
  • Actuación infantil con Vero Rilo na Praza Xoán XXIII ás 19:00 horas.
  • Comezo do "Lost in Antioquía Festival" ás 19:00 horas na Praza Carlos Casares.
  • Concerto de En Mala Hora ás 20:00 horas na Praza de Oriente.
 

Luns 17 de xullo

  • Actuación da Agrupación Musical da Limia no atrio da Igrexa Nova ás 20:00 horas.
  • Festa coa orquestra Fania Blanco Show ás 20:30 horas no Toural.
  • Concerto de Mondra na Praza Carlos Casares ás 22:30 horas.
  • Verbena con Fania Blanco Show ás 00:00 horas.

 

Martes 18 de xullo

  • Sesión vermú ás 12:30 horas con Lethx Sound na Praza Maior e con Pablo Balseiro na Praza de Oriente.
  • Actuación infantil con Don Gelatti na Praza Maior ás 19:00 horas.
  • Festa coa orquestra Pontevedra no Toural a partir das 20:00 horas.

NOTICIAS XINZO | As Festas de Santa Mariña contarán cunha vintena de actuacións musicais