NOTICIAS XINZO | O Concello amplía o horario da hostalaría polas festas de Santa Mariña
Este sábado comezan as festas de Santa Mariña en Xinzo e, este pasado xoves, o alcalde, Amador Díaz, asinou o decreto de ampliación de horarios. Isto repercutirá nos establecementos de hostalaría, restauración e outro tipo de actividades, que contarán con dúas horas máis cada día para ofertar os seus servizos durante as xornadas festivas.
Ademais, co obxectivo de garantizar a seguridade e a mobilidade dos peóns, está previsto que se corten as rúas do casco vello ao tráfico rodado dende este sábado ás 12:00 horas ata o próximo mércores, día 19, ás 7:00 horas. O número 626 99 80 60 da Policía Local estará dispoñible para toda aquela veciñanza que poida precisar acceso por razóns de urxencia ou motivo puntual.
As actuacións da programación desenvolveranse principalmente na Praza Maior, na de Oriente, na Xoán XXIII e na Carlos Casares, xunto coa rúa Alexandre Bóveda.
PROGRAMACIÓN
Sábado 15 de xullo
- Sesión vermú ás 12:30 horas con Lethx Sound na Praza Maior e na Praza de Oriente.
- Actuación infantil ás 19:00 horas con Kote Malabar na Praza Xoán XXIII.
- Nova actuación de Lethx Sound ás 22:00 horas na Praza de Oriente.
Domingo 16 de xullo
- Sesión vermú con Micalips ás 12:30 horas na Praza Maior e con Lethx Sound na Praza de Oriente.
- Actuación infantil con Vero Rilo na Praza Xoán XXIII ás 19:00 horas.
- Comezo do "Lost in Antioquía Festival" ás 19:00 horas na Praza Carlos Casares.
- Concerto de En Mala Hora ás 20:00 horas na Praza de Oriente.
Luns 17 de xullo
- Actuación da Agrupación Musical da Limia no atrio da Igrexa Nova ás 20:00 horas.
- Festa coa orquestra Fania Blanco Show ás 20:30 horas no Toural.
- Concerto de Mondra na Praza Carlos Casares ás 22:30 horas.
- Verbena con Fania Blanco Show ás 00:00 horas.
Martes 18 de xullo
- Sesión vermú ás 12:30 horas con Lethx Sound na Praza Maior e con Pablo Balseiro na Praza de Oriente.
- Actuación infantil con Don Gelatti na Praza Maior ás 19:00 horas.
- Festa coa orquestra Pontevedra no Toural a partir das 20:00 horas.