Haberá incluso badaladas matutinas

Que e cando: velaquí o programa completo de Nadal do Concello de Xinzo

O alcalde, parte dos concelleiros e os técnicos municipais, diante da caseta do Pai Noel. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Xinzo vén de presentar o completo programa de actividades para este Nadal 2023. É tan amplo que só cabe un resumo: non hai día sen acto, está pensado para todos os públicos e, engadirá, como novidade, a celebración anticipada do aninovo ás 12:00 horas do vindeiro 31 de decembro

Na presentación estaba grande parte do grupo de Goberno, comandado polo rexedor Amador Díaz, e apoioado polos concelleiros de Cultura, Carlos Gómez, e de Promoción Económica, Ricardo Sieiro. Tamén estaba un dos técnicos da concellería de Deportes, David Carnero, en representación da titular Cristina Campero, que non puido asistir por motivos persoais. 

Carlos Gómez Salgado de Vedmar, concelleiro de Cultura, debullando parte do programa. | FOTO: Noelia Caseiro.

Todos destacaron o amplo programa, pensado para todos os públicos e que non inclúe ningunha actividade de pago, "algo que supón un importante esforzo económico por parte deste Concello", destacou o alcalde Díaz Penín. 

Como actos máis destacados do mesmo, ademáis dos xa tradicionais como o é a Agrocabalgata ou a Cabalgata dos Reis Magos, están as 12 badaladas do último día do ano, que serán, como non, ao mediodía na Igrexa Vella.

Toma lápis e papel ou consulta esta nova todas as veces que desexes. Velaquí o programa:

16 de decembro:

  • 19:00 horas - Gala de Nadal do Colectivo Danzón - Casa da Cultura

 

17 de decembro:

  • 10:00 horas - Xuntanza Baby de Baloncesto Infantil - Pavillón Municipal de Deportes
  • 17:30 horas - Gala de Nadal da A.C. Teatro Aneis - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”

 

19 de decembro:

  • 20:00 horas - Concertos de Nadal do Grao Elemental do CMUS - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”

 

20 de decembro:

  • 17:00 horas - Exhibición de Nadal de Capoeira - Pavillón Municipal de Deportes
  • 20:00 horas - Concertos de Nadal do Grao Profesional do CMUS - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”

 

21 de decembro:

  • 18:00 horas - Concerto de Nadal das Agrupacións do CMUS - Praza Maior

 

22 de decembro:

  • 16:00 horas - Torneo 3x3 Sub 15 Base de Baloncesto - Pavillón Municipal de Deportes
  • 20:00 horas - Festival de Nadal da ESMULI - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
  • 20:30 horas - Premios de Xornalismo “Carlos Casares” - Casino Antelano
O técnico David Carnero, en substitución da concelleira Cristina Campero. | FOTO: Noelia Caseiro.

23 de decembro:

  • 16:00 horas - Torneo 3x3 Senior de Baloncesto - Pavillón Municipal de Deportes
  • 18:00 horas - Festival de Nadal da Escola Municipal de Gaitas e Percusión - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”

 

24 de decembro:

  • 18:00 horas - Agrocabalgata de Nadal - Avenidas de Madrid e de Ourense
  • 19:00 horas - Visita do Pai Noel ós nenos e nenas de Xinzo de Limia - Praza Maior

 

26 de decembro:

  • 16:30 horas - Mini Torneo de Nadal de Fútbol Sala 2017/18 - Pavillón Municipal de Deportes
  • 17:30 horas - Xogos Infantís (Olimpiadas do Tibu) - Praza Maior
  • 19:00 horas - Uxía: Cantos e Contos de Nadal - Praza Maior

 

27 de decembro:

  • 16:00 horas - XabaRace - Pavillón Municipal de Deportes
  • 19:00 horas - Tributo a “O Rei León” - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”

 

28 de decembro

  • 17:30 horas - Animación Infantil con Superpandi - Praza Maior
  • 19:00 horas - Gala do Deporte - Pavillón Municipal de Deportes

 

29 de decembro:

  • 15:00 horas - Torneo Solidario de Fútbol Sala Infantil - Pavillón Municipal de Deportes
  • 19:00 horas - Gala da Cultura - Praza Maior
  • 21:00 horas - Concerto de Cherry Sweet - Praza Maior

 

30 de decembro:

  • 09:00 horas - Torneo Solidario de Fútbol Sala Senior - Pavillón Municipal de Deportes
  • 17:30 horas - Obradoiro Infantil: Oficina Culinaria Gallaeciae (A.C. Civitas Limicorum) - Praza Maior
  • 20:30 horas - Tributo a Joaquín Sabina “Sabineando” - Casa da Cultura

 

31 de decembro:

  • 12:00 horas - Badaladas de Pre-fin de ano cun grupo musical - Adro da Igrexa Vella

 

2 de xaneiro:

  • 18:00 horas - Música Infantil con Pitusa Semifusa Dúo - Praza Maior
  • 20:00 horas - Concerto de Aninovo da Agrupación Musical da Limia - Igrexa Nova

 

3 de xaneiro:

  • 18:00 horas - Humor e acrobacias con Tom e Son de Nadal - Praza Maior

 

4 de xaneiro:

  • 18:00 horas - Acrobacias e Circo con CircoActiva - Praza Maior

 

5 de xaneiro:

  • 18:00 horas - Visita dos Reis Magos de Oriente ós nenos e nenas de Xinzo - principais rúas e praza maior

 

  • Exposición “Mulleres: símbolo do rural" da Escola Rural de Saúde da Limia - Casa da Cultura, do 18 de decembro ata o 07 de xaneiro.
  • Limialandia - Pavillón municipal de deportes, do 01 de xaneiro ata o 07 de xaneiro.