O Concello de Xinzo vén de presentar o completo programa de actividades para este Nadal 2023. É tan amplo que só cabe un resumo: non hai día sen acto, está pensado para todos os públicos e, engadirá, como novidade, a celebración anticipada do aninovo ás 12:00 horas do vindeiro 31 de decembro.
Na presentación estaba grande parte do grupo de Goberno, comandado polo rexedor Amador Díaz, e apoioado polos concelleiros de Cultura, Carlos Gómez, e de Promoción Económica, Ricardo Sieiro. Tamén estaba un dos técnicos da concellería de Deportes, David Carnero, en representación da titular Cristina Campero, que non puido asistir por motivos persoais.
Todos destacaron o amplo programa, pensado para todos os públicos e que non inclúe ningunha actividade de pago, "algo que supón un importante esforzo económico por parte deste Concello", destacou o alcalde Díaz Penín.
Como actos máis destacados do mesmo, ademáis dos xa tradicionais como o é a Agrocabalgata ou a Cabalgata dos Reis Magos, están as 12 badaladas do último día do ano, que serán, como non, ao mediodía na Igrexa Vella.
Toma lápis e papel ou consulta esta nova todas as veces que desexes. Velaquí o programa:
16 de decembro:
- 19:00 horas - Gala de Nadal do Colectivo Danzón - Casa da Cultura
17 de decembro:
- 10:00 horas - Xuntanza Baby de Baloncesto Infantil - Pavillón Municipal de Deportes
- 17:30 horas - Gala de Nadal da A.C. Teatro Aneis - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
19 de decembro:
- 20:00 horas - Concertos de Nadal do Grao Elemental do CMUS - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
20 de decembro:
- 17:00 horas - Exhibición de Nadal de Capoeira - Pavillón Municipal de Deportes
- 20:00 horas - Concertos de Nadal do Grao Profesional do CMUS - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
21 de decembro:
- 18:00 horas - Concerto de Nadal das Agrupacións do CMUS - Praza Maior
22 de decembro:
- 16:00 horas - Torneo 3x3 Sub 15 Base de Baloncesto - Pavillón Municipal de Deportes
- 20:00 horas - Festival de Nadal da ESMULI - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
- 20:30 horas - Premios de Xornalismo “Carlos Casares” - Casino Antelano
23 de decembro:
- 16:00 horas - Torneo 3x3 Senior de Baloncesto - Pavillón Municipal de Deportes
- 18:00 horas - Festival de Nadal da Escola Municipal de Gaitas e Percusión - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
24 de decembro:
- 18:00 horas - Agrocabalgata de Nadal - Avenidas de Madrid e de Ourense
- 19:00 horas - Visita do Pai Noel ós nenos e nenas de Xinzo de Limia - Praza Maior
26 de decembro:
- 16:30 horas - Mini Torneo de Nadal de Fútbol Sala 2017/18 - Pavillón Municipal de Deportes
- 17:30 horas - Xogos Infantís (Olimpiadas do Tibu) - Praza Maior
- 19:00 horas - Uxía: Cantos e Contos de Nadal - Praza Maior
27 de decembro:
- 16:00 horas - XabaRace - Pavillón Municipal de Deportes
- 19:00 horas - Tributo a “O Rei León” - Auditorio da Casa da Cultura “Ángel Cocho”
28 de decembro
- 17:30 horas - Animación Infantil con Superpandi - Praza Maior
- 19:00 horas - Gala do Deporte - Pavillón Municipal de Deportes
29 de decembro:
- 15:00 horas - Torneo Solidario de Fútbol Sala Infantil - Pavillón Municipal de Deportes
- 19:00 horas - Gala da Cultura - Praza Maior
- 21:00 horas - Concerto de Cherry Sweet - Praza Maior
30 de decembro:
- 09:00 horas - Torneo Solidario de Fútbol Sala Senior - Pavillón Municipal de Deportes
- 17:30 horas - Obradoiro Infantil: Oficina Culinaria Gallaeciae (A.C. Civitas Limicorum) - Praza Maior
- 20:30 horas - Tributo a Joaquín Sabina “Sabineando” - Casa da Cultura
31 de decembro:
- 12:00 horas - Badaladas de Pre-fin de ano cun grupo musical - Adro da Igrexa Vella
2 de xaneiro:
- 18:00 horas - Música Infantil con Pitusa Semifusa Dúo - Praza Maior
- 20:00 horas - Concerto de Aninovo da Agrupación Musical da Limia - Igrexa Nova
3 de xaneiro:
- 18:00 horas - Humor e acrobacias con Tom e Son de Nadal - Praza Maior
4 de xaneiro:
- 18:00 horas - Acrobacias e Circo con CircoActiva - Praza Maior
5 de xaneiro:
- 18:00 horas - Visita dos Reis Magos de Oriente ós nenos e nenas de Xinzo - principais rúas e praza maior
- Exposición “Mulleres: símbolo do rural" da Escola Rural de Saúde da Limia - Casa da Cultura, do 18 de decembro ata o 07 de xaneiro.
- Limialandia - Pavillón municipal de deportes, do 01 de xaneiro ata o 07 de xaneiro.