Só Vilar de Santos anota máis contaxios que onte e chega até os 24

CORONAVIRUS A LIMIA |  O número de casos activos na comarca descende outro 5% nun día

A incidencia baixa por décima xornada consecutiva en Xinzo.

Situación mesetaria. Así describía esta mañá a curva da incidencia da covid-19 en Galicia unha responsábel do Comité clínico da Xunta de Galicia para expresar que se freou o ascenso do número de casos e a situación entra nunha fase de estabilidade. Na Limia hai este último mércores de xaneiro 366 casos activos, 22 menos que onte, un 5% de baixada nun día. 

A curva parece que empezou a declinar esta semana. En Xinzo xa van dez días de caídas. Está hoxe no limiar dos douscentos casos. Hai 209. No resto de concellos os descensos empezan a ser continuados: hoxe rexístranse menos casos activos en seis concellos, ademais de Xinzo, mentres Os Blancos e Sarreaus están igual que onte. 

Só sobe a incidencia a respecto do martes en Vilar de Santos. Alí hai 24 casos activos. O pico no que vai de sexta onda. En calquera caso, apenas son dous máis que os anotados hai unha semana.

O SERGAS informa que se seguen a detectar contaxios nos test que se están a realizar en distintas localidades da provincia. Onte rexistráronse 98 positivos nos cribados, un 13% das probas. Para esta tarde está previsto outro cribado, o oitavo, en Xinzo. O luns acudiron menos de 40 persoas.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -3)  10 (activos)
OS BLANCOS  (=)  12
CALVOS DE RANDÍN (-1)  13
PORQUEIRA  (-2)  19
RAIRIZ DE VEIGA (-1)  11
SANDIÁS (-3)  30
SARREAUS (=)  19
TRASMIRAS  (-3) 7
VILAR DE BARRIO (-4)  12
VILAR DE SANTOS  (+3)  24
XINZO DE LIMIA  (-8)  209