Velaquí a completa programación cultural na Semana Santa de Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar unha ampla e variada programación cultural con motivo da Semana Santa 2025, que se celebrará entre o sábado 12 e o domingo 20 de abril. En total, máis de 20 actividades de balde conforman unha proposta pensada para todos os públicos, con especial atención ás crianzas e á participación familiar.
O programa comeza o sábado 12 co tradicional Concerto de Primavera da Agrupación Musical da Limia e continúa cunha intensa semana de cursos tecnolóxicos, contacontos, presentacións literarias e obradoiros creativos, como a elaboración de queixos ou ovos de Pascua de chocolate. A Casa da Cultura e a Biblioteca Antelana acollerán boa parte das propostas.
Un dos momentos máis agardados será o concerto da Orquestra Kubo, que actuará o Domingo de Ramos ás 19:00 horas na esplanada do Toural. Tamén destaca a segunda edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo, que se desenvolverá durante dúas xornadas no Casino Antelano, e a actividade especial dos auto tolos, un paseo motorizado para cativos polas rúas do casco histórico que require inscrición previa.
A programación complétase con tres actos relixiosos principais: a bendición dos ramos e procesión desde a Igrexa Vella o domingo 13 ás 12:00 horas; a procesión de Xesús na Horta das Oliveiras o xoves 17 ás 19:00 horas; e a do Santo Enterro o venres 18 ás 21:00 horas, ambas dende a Igrexa Nova.
Paralelamente, como accións orientadas á conciliación familiar, desenvolveranse o campus de inglés Easter Camp e o campus deportivo de Ociosaugal, cunha oferta complementaria que reforza o compromiso do Concello co apoio ás familias durante o período vacacional.
Segundo declarou o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, "trátase dunha programación variada, completa e aberta a todos os públicos, cunha especial atención á infancia, que poderá participar en actividades lúdicas, culturais e educativas nun ambiente seguro e accesible".
PROGRAMACIÓN DETALLADA:
SÁBADO 12 DE ABRIL
• Concerto de Primavera – Agrupación Musical da Limia
17:30 h – Casa da Cultura
DOMINGO DE RAMOS – 13 DE ABRIL
• Acto relixioso: Bendición dos Ramos e procesión dende a Igrexa Vella
12:00 h
• Sesión vermú con LETHX SOUND
13.30 h - Praza Maior
• Orquestra KUBO
19:00 h – Esplanada do Toural
LUNS 14 DE ABRIL
• Curso de Realidade Virtual con Oculus Quest
11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura
Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.
• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate
16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura
Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.
MARTES 15 DE ABRIL
• Curso de Introdución á Impresión 3D
11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura
Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.
• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate
16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura
Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.
MÉRCORES 16 DE ABRIL
• Obradoiro de Elaboración de Queixos
12:00 h – Casa da Cultura
Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.
• “A árbore das palabras” – Contacontos
17:00 h – Biblioteca Antelana
DO 7 DE ABRIL AO 12 DE MAIO
• Exposición fotográfica: #Usentimento
Casa da Cultura
XOVES 17 DE ABRIL
• “A terrorífica historia de Aba” – Contacontos
18:30 h – Biblioteca Antelana
• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Xesús na Horta das Oliveiras -
19:00 h
VENRES 18 DE ABRIL
• Presentación do libro “Pero… como morren as pegas”
20:00 h – Biblioteca Antelana
• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Santo Enterro
21:00 h
SÁBADO 19 DE ABRIL
• Homenaxe a José Gil, practicante de Xinzo de Limia
12:00 h – Salón de Plenos do Concello
Entrega da Medalla de Ouro do Concello a título póstumo
• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo
16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes
• Auto tolos
17:00 a 19:00 h – Praza Maior e rúas de Xinzo
Paseo en auto tolo para cativos, previa inscrición. Prazas limitadas.
DOMINGO 20 DE ABRIL
• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo (continuación)
16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes
• Concerto de Marta Bravo e Serxio Tannus: Alegría
13:00 h – Praza Maior