Xinzo programa un Nadal moi musical... E solidario cos afectados pola Dana
O Concello de Xinzo de Limia presenta a programación de Nadal 2024, que se desenvolverá entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. Todas as actividades deste Nadal serán de balde, garantindo o acceso universal á cultura e ao lecer. Este ano, a programación incorpora unha forte compoñente solidaria, especialmente co apoio ao CEIP Ausias March de Paiporta, unha zona afectada recentemente pola DINA.
Nos catro grandes eventos musicais desta programación (Guadi Galego, Ruben Simeó, Musical dos 80-90’s e Vaiana), habilitarase unha fila 0 para que todas as persoas asistentes poidan colaborar con donativos destinados a este centro educativo valenciano. A recadación realizarase en colaboración co CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia e a súa ANPA, fomentando así unha cadea de solidariedade entre comunidades.
A oferta de Nadal inclúe concertos, galas, exposicións, e actividades tradicionais como a visita do Pai Noel e a Agrocabalgata, as Pre-badaladas e a Cabalgata dos Reis Magos. Tamén se poderá gozar da exposición fotográfica de Noelia Caseiro na Rúa dos Viños, desde o 13 de decembro en diante.
Para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares, o Concello organiza o programa "Concilia Nadal", dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos, no Pazo de Deportes. Ademais, as familias poderán inscribir aos máis pequenos no "Christmas Camp", un campamento en inglés que combina aprendizaxe e diversión, ofrecendo unha experiencia enriquecedora durante o Nadal. Pensando en tódolos públicos, desenvolverase o programa "Nadal nos Pobos" e o parque de atraccións Limialandia no Pazo de Deportes.
As novas propostas decorativas de Nadal deste ano están a captar a atención de todas e todos, destacando a recreación da antiga fonte da Praza Maior. Debido ao éxito desta iniciativa, o Concello abrirá unha votación nas súas páxinas oficiais para que todas as veciñas e veciños censados en Xinzo poidan decidir se desexan que esta fonte se instale de forma permanente.
Velaquí todo o que che agarda, día a día:
Decembro
• Desde o 13 de decembro
Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro
Rúa dos Viños
• Venres, 13 de decembro
Gala de Nadal Escola de Gaitas – Homenaxe ao Gaiteiro de Laroá
Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Sábado, 14 de decembro
Gala de Nadal Danzón
Auditorio Ángel Cocho | 17:00 h
• Domingo, 15 de decembro
Gala de Nadal Teatro Aneis
Auditorio Ángel Cocho | 17:30 h
• Venres, 20 de decembro
Premio Carlos Casares de Xornalismo
Casino Antelano | 20:00 h
• Sábado, 21 de decembro
Gala de Nadal Agrupación Musical da Limia
Casino Antelano | 17:00 h
Concerto de Guadi Galego – Síntese Horizonte
Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Domingo, 22 de decembro
Rubén Simeó: Close to You
Igrexa Nova | 19:00 h
• Do 23 ao 30 de decembro
Nadal nos Pobos
Segundo programa
• Martes, 24 de decembro
Visita do Pai Nadal e Agrocabalgata
Praza Maior e rúas de Xinzo | 19:00 h
• Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro
Concilia Nadal (de 4 a 10 anos)
Pazo de Deportes | 09:00 a 14:00 h
• Xoves, 26 de decembro
El Musical de los 80’ y 90’
Auditorio Ángel Cocho | 22:00 h
• Venres, 27 de decembro
Premios da Cultura 2024
Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h
• Do 30 de decembro ao 6 de xaneiro
Apertura de Limialandia
Pazo de Deportes | 12:00 a 20:30 h
• Martes, 31 de decembro
Pre-badaladas
Adro da Igrexa Vella | 12:00 h
Xaneiro
• Xoves, 2 de xaneiro
Vaiana: El Musical
Auditorio Ángel Cocho | 18:30 h
• Domingo, 5 de xaneiro
Cabalgata dos Reis Magos
Saída Praza Carlos Casares | 17:00 h