domingo. 22.12.2024

O Concello de Xinzo de Limia presenta a programación de Nadal 2024, que se desenvolverá entre o 13 de decembro e o 6 de xaneiro. Todas as actividades deste Nadal serán de balde, garantindo o acceso universal á cultura e ao lecer. Este ano, a programación incorpora unha forte compoñente solidaria, especialmente co apoio ao CEIP Ausias March de Paiporta, unha zona afectada recentemente pola DINA.

 

Nos catro grandes eventos musicais desta programación (Guadi Galego, Ruben Simeó, Musical dos 80-90’s e Vaiana), habilitarase unha fila 0 para que todas as persoas asistentes poidan colaborar con donativos destinados a este centro educativo valenciano. A recadación realizarase en colaboración co CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia e a súa ANPA, fomentando así unha cadea de solidariedade entre comunidades.

 

A oferta de Nadal inclúe concertos, galas, exposicións, e actividades tradicionais como a visita do Pai Noel e a Agrocabalgata, as Pre-badaladas e a Cabalgata dos Reis Magos. Tamén se poderá gozar da exposición fotográfica de Noelia Caseiro na Rúa dos Viños, desde o 13 de decembro en diante.

Ángeles Martínez, Amador Díaz, Carlos Gómez e Ricardo Sieiro na presentación de Nadal.
Ángeles Martínez, Amador Díaz, Carlos Gómez e Ricardo Sieiro na presentación de Nadal.

 

 

Para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares, o Concello organiza o programa "Concilia Nadal", dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos, no Pazo de Deportes. Ademais, as familias poderán inscribir aos máis pequenos no "Christmas Camp", un campamento en inglés que combina aprendizaxe e diversión, ofrecendo unha experiencia enriquecedora durante o Nadal. Pensando en tódolos públicos,  desenvolverase o programa "Nadal nos Pobos" e o parque de atraccións Limialandia no Pazo de Deportes.

 

As novas propostas decorativas de Nadal deste ano están a captar a atención de todas e todos, destacando a recreación da antiga fonte da Praza Maior. Debido ao éxito desta iniciativa, o Concello abrirá unha votación nas súas páxinas oficiais para que todas as veciñas e veciños censados en Xinzo poidan decidir se desexan que esta fonte se instale de forma permanente.

Velaquí todo o que che agarda, día a día:

Decembro

 

        • Desde o 13 de decembro

Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro

Rúa dos Viños

 

Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro
Exposición Fotográfica de Noelia Caseiro

 

 

Venres, 13 de decembro

Gala de Nadal Escola de Gaitas – Homenaxe ao Gaiteiro de Laroá

Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h

 

Gala de Nadal Escola de Gaitas – Homenaxe ao Gaiteiro de Laroá

 

Sábado, 14 de decembro

Gala de Nadal Danzón

Auditorio Ángel Cocho | 17:00 h

 

Gala de Nadal de Danzón
Gala de Nadal de Danzón

Domingo, 15 de decembro

Gala de Nadal Teatro Aneis

Auditorio Ángel Cocho | 17:30 h

 

 

Venres, 20 de decembro

Premio Carlos Casares de Xornalismo

Casino Antelano | 20:00 h

 

 

Premios de Xornalismo Carlos Casares 2024
Premios de Xornalismo Carlos Casares 2024

 

Sábado, 21 de decembro

Gala de Nadal Agrupación Musical da Limia

Casino Antelano | 17:00 h

Concerto de Guadi Galego – Síntese Horizonte

Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h

 

 

Guadi Galego en concerto
Guadi Galego en concerto

Domingo, 22 de decembro

Rubén Simeó: Close to You

Igrexa Nova | 19:00 h

 

 

Rubén Simeó en concerto
Rubén Simeó en concerto

Do 23 ao 30 de decembro

Nadal nos Pobos

Segundo programa

 

 

Martes, 24 de decembro

Visita do Pai Nadal e Agrocabalgata

Praza Maior e rúas de Xinzo | 19:00 h

 

 

Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro

Concilia Nadal (de 4 a 10 anos)

Pazo de Deportes | 09:00 a 14:00 h

 

 

Concilia
Concilia Nadal

Xoves, 26 de decembro

El Musical de los 80’ y 90’

Auditorio Ángel Cocho | 22:00 h

 

 

El musical de los 80´s 90´s
El musical de los 80´s 90´s

Venres, 27 de decembro

Premios da Cultura 2024

Auditorio Ángel Cocho | 20:00 h

 

Do 30 de decembro ao 6 de xaneiro

Apertura de Limialandia

Pazo de Deportes | 12:00 a 20:30 h

 

 

Martes, 31 de decembro

Pre-badaladas

Adro da Igrexa Vella | 12:00 h

 

 

 

Xaneiro

 

Xoves, 2 de xaneiro

Vaiana: El Musical

Auditorio Ángel Cocho | 18:30 h

 

 

Vaiana, o musical
Vaiana, o musical

 

 

Domingo, 5 de xaneiro

Cabalgata dos Reis Magos

Saída Praza Carlos Casares | 17:00 h

Xinzo programa un Nadal moi musical... E solidario cos afectados pola Dana