O presuposto ascende a 500.000€
Xunta, Obispado, Deputación e Concello de Xinzo suman esforzos para a restauración da Casa Rectoral
01 de junio de 2021 (19:40 h.)
O Concello de Xinzo apoiado pola Xunta de Galicia, o Obispado e a Deputación de Ourense firman un convenio para restaurar a Casa Rectoral da localidade. Agora, despois de un tempo de espera, os resultados comenzan a ser visibles para todos. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, e do párroco de Xinzo, Jaime Collazo, supervisaron o avance das obras. O presuposto destes traballos ascenden a 500.000€. Xunta, Obispado e Deputación aportan cada unha 150.000€, e o Concello o outro restante.
Proxecto de acondicionamento
- Na parte alta: habilitación das dependencias degradadas con humidades e a construcción de tres vivendas para os sacerdotes da parroquia.
- Na parte baixa: realización de actividades como o catecismo, salas de reunións ou locais de Cáritas.
- Outras melloras: recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais como o pasillo existente na fachada norte e a eliminación de elementos engadidos con formigón. Ademais, tamén está previsto que a facha exterior sufra modificacións para a recollida de augas pluviais.