sábado. 23.11.2024

O Concello de Xinzo apoiado pola Xunta de Galicia, o Obispado e a Deputación de Ourense firman un convenio para restaurar a Casa Rectoral da localidade. Agora, despois de un tempo de espera, os resultados comenzan a ser visibles para todos. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, e do párroco de Xinzo, Jaime Collazo, supervisaron o avance das obras. O presuposto destes traballos ascenden a 500.000€. Xunta, Obispado e Deputación aportan cada unha 150.000€, e o Concello o outro restante. 

Proxecto de acondicionamento 

  • Na parte alta: habilitación das dependencias degradadas con humidades e a construcción de tres vivendas para os sacerdotes da parroquia.
  • Na parte baixa: realización de actividades como o catecismo, salas de reunións ou locais de Cáritas.
  • Outras melloras: recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais como o pasillo existente na fachada norte e a eliminación de elementos engadidos con formigón. Ademais, tamén está previsto que a facha exterior sufra modificacións para a recollida de augas pluviais. 

 

Xunta, Obispado, Deputación e Concello de Xinzo suman esforzos para a restauración da...