O Diario do Limia visitou as plantas de envasado dunha das grandes referencias da comercialización de pataca na Limia: Patatas Conde, unha empresa familiar con máis de medio século de historia e que dá emprego directo a ducia e media de traballadoras e traballadores, ademais de servir de canle de distribución para toda España (ten plantas en Zamora e A Rioxa) do produto que recollen cada ano 30 agricultores da comarca. A cámara de Noelia Caseiro resume nesta reportaxe gráfica o proceso nas plantas limiás de Patatas Conde.