Xinzo de Limia, Porqueira, Sarreaus, Baltar e Vilar de Santos saíron este 25 - N ás rúas para amosar o seu rexeitamento ante as violencias machistas.
No caso de Xinzo de Limia, a vila consegueu unha alta participación con máis de 100 veciños que visitaron o punto de información instalado na praza Maior. Ás 12:00 horas, a alcadesa, Elvira Lama, difundiu unha mensaxe de apoio ás vítimas desta lacra social. Posteriormente, dúas sociais do Centro de Información da Muller, leron públicamente unha declaración institucional -manifesto- relacionada coa temática.
Do mesmo xeito ocorreu en Porqueira, a súa alcaldesa, Susana Vázquez, realizou unha pequena charla diante da casa do concello en apoio ás vítimas de violencia machista. Ata o lugar acudiron máis de 20 persoas.
En Sarreaus, o alcalde da vila, Gumersindo Lamas, impartiu un breve discurso durante a concentración, na que houbo uns 20 asistentes.
No Concello de Baltar, preto de 20 persoas acudiron ás portas da casa consistorial para escoitar a lectura do manifesto por parte do alcalde da vila, J. Antonio Feijoo.
Vilar de Santos tamén levou a cabo unha concentración co correspondente anuncio do manifesto. Ao evento acudiron máis de 30 persoas.