Con Óscar Sabucedo e Jonathan Lameiras ao fronte do equipo, o Antela 2022-23 empezou onte na Moreira o traballo para a tempada do seu regreso a Preferente. O calendario está aínda por sortear e hai cinco semanas até o comezo da Liga o 11 de setembro. Xusto un mes antes, o próximo xoves día 11, o Antela debutará cun amistoso diante do Loñoá. O cadro de xogadores está composto por: Suso e Cristian (gardametas), Juáncar, Breixo, Quintairos, Teixeira, Aarón, Tazos, Peque, Romero (defensas), Adrián, Fabio, Noel, Xabi Lamas, Carrasco, Xosé (mediocampistas), Pedro, Borja, David Lamas, Peral, Joni, Carlos, Anxo, Sergi e Tumbeiro (dianteiros).
Son 25 futbolistas despois da chegada do meta Cristian Dalama e a incorporación de Tiago Teixeira, os que comezan a pretempada. A directiva recibiu aos técnicos e aos xogadores e anunciou que o interese dos patrocinadores polo club aumentou, mentres seguen en punto morto as negociacións co goberno municipal de Xinzo para a prometida actualización da axuda.
Este é o equipo do Antela 2022-2023 segundo a orde dos dorsais cos que competirá cada xogador.