Placer Feijóo é unha das dúas persoas que traballan na preparación das vexigas das vacas que portan as pantallas en cada man polo Entroido. Dende o mes de novembro a demanda non fai máis que medrar, polo que Feijóo pasa os días entre o lume para curar as vexigas e inflalas para que queden perfectas.
Nesta galería de imaxes pódese ver un pouco do traballo que fai para que ás pantallas non lles falte un dos máis importantes complementos en cada Entroido.