O obradoiro de Arrebol, en Xinzo, está ata arriba de máscaras de pantallas nestes días. O Entroido, á volta da esquina, ten aos artesáns Santiago Martiínez e Aurora Dacal traballando "a tope" para que todo sexa perfecto. Dentro do seu taller, numerosas carautas, feitas de xeito tradicional, agardan polos seus donos.
Nesta galería de imaxes poden ver o traballo minucioso e artesanal que fan en Arrebol.