A Festa do Esquecemento continúa coa súa programación e esta tarde contaron con xogos infantís e unha xincana cos participantes deste evento percorrendo os bares da vila. A música tampouco faltou nesta xornada, enchendo as rúas de moitas ganas de festa.
Antes, ao mediodía, a Praza Maior foi testigo dunha loita de gladiadores. Ás 19:30 horas haberá de novo máis, antes de que comece outro dos desfiles desta fin de semana. Pola noite, o Bruxo Queiman traerá o seu espectáculo Queiman Folki ás 23:30 horas na Praza de San Roque.