Este sábado celebrouse no complexo deportivo a Moreira do Concello de Xinzo o II Memorial Eloy Conde, un acto que conmemorou ao ex - futbolista e ex - adestrador das categorías inferiores do Antela F.C. No evento leváronse a cabo unha serie de partidos de fútbol amistosos nos que participaron os equipos da categoría infantil o E.D.C. Xinzo, o R.C. Celta e o Ourense C.F.
Durante a sesión memorial inaugurouse unha placa que rinde homenaxe ao adestrador, a cal permanecerá exposta no exterior do recinto deportivo. Tamén se obsequiou á familia do finado cunha estatuíña, un ramo de flores, e un dos membros do R.C. fixo entrega dunha camiseta firmada polo xogador do Celta, Iago Aspas, ao fillo de Eloy Conde.
Os partidos amistosos contaron cunha asistencia de público moi considerable. No primeiro enfrontamento -do E.D.C. Xinzo e o Ourense C.F- o resultado acabou en 3 - 3, resultando victorioso o equipo local a penalti. No segundo encontro -R.C. Celta e o Ourense C.F- a victoria foi clara para o Celta, cunha puntuación de 2 - 0. No partido final -do E.D.C. Xinzo contra o R.C. Celta- as cifras inclináronse cara o equipo vigués 2 - 3, o cal se proclamou como gañador final de toda a cerimonia. O E.D.C. Xinzo recibiu o posto de subcampión e o Ourense C.F o título de terceito clasificado.
Como acto final realizouse unha breve entrega de premios na que a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, xunto a diversos concelleiros, fixeron entrega dunha estatuíña e dun trofeo a tódolos equipos participantes.