Este sábado realizouse a segunda xornada da festa do Esquecemento, unha celebración na que non faltaron os tradicionais disfraces de celtas e romanos ademais dunha gran variedade de propostas culturais.
Ás 17:00 horas inicíabase un espectáculo circense humorístico da man de Hípica Celta, seguido da entrega do premio Bispo Idacio, o cal foi entregado ao técnico de cultura do Concello de Xinzo de Limia Alfonso Carlos Lois Suárez. Tamén se levou a cabo unha homenaxe a Manolo Viso e a Óscar Fernández. Ás 21:30 actuaron en concerto os membros do grupo galego Os da Porfía, seguido dun espectáculo de lume por parte dos xa mencionados Hípica Celta.
Durante todo o día puidose disfrutar do mercado artesá no Toural -en horario de 12:00 a 1:00. Ademais, realizáronse xogos e atracións infantís na Praza San Roque e mesmo unha scape room na Praza Carlos Casares.
O domingo será o díá estrela da celebración, pois poderase asistir ao tradicional cruce do río Lethes a partir das 17:00 horas. Haberá de novo un espectáculo de circo e de lume programados para as 19:00 e 22:45 horas respectivamente, e as 20:30 será o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O mercado artesá, os xogos e atraccións infantís e o scape room volverán a estar abertos.