Os alumnos do IES Lagoa de Antela abrían esta mañá de mércores, na Praza Maior de Xinzo de Limia, o calendario de actividades previstas co gallo da celebración, o vindeiro venres, do Día das Letras, na honra á memoria de Luísa Villalta.
Recitaron algunhas das súas poesías e tamén se falou da vida da autora. Varias pancartas locen no lugar, para saber máis desta coruñesa falecida no 2004, que ademais de escritora e filóloga, tamén era violinista.
E notas, "Notas galegas", tamén houbo esta mañá, lembrando esa outra faceta artística da homenaxeada este ano polo 17 de maio. Os alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia ofreceron un concerto aos seus compañeiros dos CEIP Rosalía de Castro, Carlos Casares, Sarreaus, Baltar e Cualedro.
Velaquí unha escolma dos mellores momentos.