Ás 19:00 horas do vernes abríanse ao público os postos do mercado artesán situados no Toural e dábase inicio a festa do Esquecemento. Un evento que, a pesares de estar marcado pola crise pandémica, non impediu que moitos dos veciños do pobo se animaran a celebrala disfrazados de celtas e romanos.
Onte puidose disfrutar dun espectáculo de lume a mans de Hípica Celta, seguido do tradicional prendemento do fogo sagrado. Finalmente, o venres de festa remataba cunha actuación do grupo de folk Grimorium.
Para o día de hoxe o mercado artesá estará aberto das 12:00 horas ata á 1:00 da madrugada. Ás cinco da tarde haberá un espectáculo circense e unha hora despois farase entrega dos Premios Bispo Idacio. Cara ás 21:30 da noite amenizará a velada o grupo musical Os da Porfía, seguido dun espectáculo de lume.