NOTICIAS A LIMIA | Incendio agrícola en Lamas require presencia de dous avións
A Consellería de Medio Rural informou a media tarde de que o incendio declarado en Lamas (Xinzo de Limia) deuse por controlado ás 17:40 horas, despois de que a alarma activase o dispositivo ao redor das 16:00 horas. Medio Rural non consideraba a esa hora o sinistros como incendio forestal, senón como incendio agrícola, xa que nos afectara a masa arborada nin de monte baixo.
Desde o Distrito XV, despregouse un operativo que incluíu un axente, dúas brigadas, dúas motobombas e dous avións de carga en terra, que conseguiu atallar o lume nunha superficie que Medio Rural non rexistrou ao tratarse dun incendio agrícola.
O Índice de risco diario de incendios, elaborado por Medio Rural, determinaba hoxe, ao igual que na xornada de onte, un risco extremo en todos os concellos da Limia e en practicamente toda a provincia de Ourense.
A semana pasada rexistráronse incendios forestais en Tixós (Baltar), un; e varios na zona de Viana do Bolo e na contorna da cidade de Ourense. Non que vai de verán, salvo un lume en Sarreaus o mes pasado, a incidencia na comarca da Limia é, até hoxe, mínima.