DEPORTES A LIMIA | O test de Pepe e a lebre limiá
Rubén Diz (43 anos) e José Manuel Fernández Márquez (53 anos) levan moito competindo xuntos e hoxe volvéronse xuntar en Xinzo con dous obxectivos: gañar e correr moi rápido. Para Rubén, atleta local, o primeiro era gañar. O ano pasado correu os dez quilómetros por baixo dos 31 minutos. Para Pepe Márquez, limiao de Bande, importaba máis a marca, as sensacións (que din nos atletas) reflectidas no crono. Rubén cumpriu o seu primeiro obxectivo. Mais non conseguiu o segundo. Fixo de lebre de Pepe, que entrou segundo, pero ambos quedaron lonxe dos 32 minutos.
A carreira comezou cedo, pouco despois das dez e media, mais non conseguiu evitar a calor, que pegou forte nos últimos quilómetros. Tamén o vento apareceu na segunda volta. Daquelas, os dous de cabeza xa levaban acumulado certo atraso sobre a marca esperada. Rubén enfilou a primeira recta cara a meta pola rúa Dous de Maio con dez metros de distancia sobre Pepe, que sufría e se amarraba como podía ás costas do líder.
O resto, moi distanciados. Era un pelotón de oito homes ao que loitaba por se incorporar Xosé Pérez, que foi o máis forte dese pelotón e remataría no terceiro caixón do podio despois de remontar na segunda volta.
“Quería correr esta carreira na miña terra, pero competín onte pola noite en Ourense e a verdade é que dez ou once horas de recuperación non son suficientes”, comentou Rubén Diz ao Diario do Limia pouco despois de cruzar a meta. “Viñemos coa intención de que Pepe fixese un bo test, pero na segunda volta xa vin que non podía subir o ritmo, non foi tanto a calor como a fatiga. Pero había que estar aquí”.
Fernández Márquez, pola súa banda, agradeceu a Diz o esforzo. “Rubén marcou un ritmo moi alto, a verdade é que non me atopei moi ben. Non sei se foi a calor, pero o test non saíu como esperaba e isto xérame dúbidas sobre se competir ou non en Valencia”. Márquez acabou moi canso. Tiña previsto sumar outros cinco quilómetros á carreira, mais descartouno xusto despois de cruzar a meta. “Unha mágoa”, valorou, “porque este é un circuíto moi bo para facer marca e unha carreira que se está consolidando”. E rematou felicitando á organización: “Todo perfecto. Un dez”.
Xosé Pérez, do club de atletismo Arenteiro, explicou que durante a primeira volta foi prudente. “Levo tempo un pouco baixo de forma e non sabía como me ía topar. Pero na segunda volta subín o ritmo, puiden alcanzar ao meu compañeiro de club que ía por diante, e no último medio quilómetro conseguín superalo”. Pérez confesou que “cando Rubén ou Márquez están na carreira sabes que será complicado gañar, pero tamén hai que aprender deles, ao fin son os nosos mestres”.
CLASIFICACIÓNS
ABSOLUTA MASCULINA
1 RUBEN DIZ 33:32
2 JOSE MANUEL FERNANDEZ MARQUEZ 33:48
3 XOSE PEREZ BLANCO 35:23
4 JULIO NOVOA GUTIERREZ 35:24
5 ALEJANDRO MONTERO LOPEZ 35:36
6 FICO LOSADA CONDE 35:42
7 RUBEN COTA 35:47
8 DAVID PAZ SALGADO 36:02
9 ROBERTO VAZQUEZ PAVON 36:06
10 SANTI GARCIA GONZALEZ 36:23
ABSOLUTA FEMININA
1 PATRICIA VARELA SANTISO 39:56
2 CORA SABURIDO REPRESA 40:26
3 VICKY LOSADA PEREZ 41:24
4 ANA PARADELA 43:09
5 NEREA CONDE 45:02
6 PATRICIA ALONSO PARENTE 48:10
7 SANDRA MIRAS LEBORAN 51:14
8 MERCHE ALVAREZ 51:40
9 ELENA DOMINGUEZ GONZALEZ 52:12
10 MARTA FERREIRO OPAZO 53:40
Estas son as clasificacións completas nas categorías menores
SUB 14 - SUB 16- SUB 18 (nados 2005-2010) 1,9 quilómetros
1 MARIO LORENZO FERREIRO 06:30
2 ADAM TAMI FATHALLAH 07:33
3 UXIA LOPEZ SANCHEZ 07:47
4 BRAIS GOMEZ MENDEZ 07:51
5 CANDELA DIZ CHAPADO 07:55
6 SARA NUÑEZ 08:44
7 NAIA SANCHEZ RODRIGUEZ 09:07
SUB 10- SUB 12 ( nados 2011-2014) 0,9 quilómetros
1 MANUEL FERNANDEZ GOMEZ 03:18
2 DAVID DIAZ RODRIGUEZ 03:29
3 LARA LOPEZ SANCHEZ 03:31
4 ALEJANDRO FERNANDEZ GOMEZ 03:39
5 HECTOR PRIETO CID 03:43
6 HECTOR SOUTO PAZOS 03:44
7 ADRIAN CHAPADO CESTRONE 03:47
8 NELSON DA CUNHA 03:50
9 ANDRES IGLESIAS GOMEZ 03:51
10 GABRIEL TRIGO GONZALEZ 04:06
11 ANXO FERNANDEZ IGLESIAS 04:11
12 CECILIA ENRIQUEZ BLANCO 04:12
13 IRIA BLANCO LAMA 04:14
14 XENXO LORENZO MIGUEZ 04:15
15 LEO RODRIGUEZ ENRIQUE 04:16
16 EMMA JURADO BUSTOS 04:16
17 LARA DIZ RUIZ :04:16
18 NAIARA GONZALEZ MARRA 04:18
19 ANTON SANCHEZ JOGA 04:19
20 IAGO FERREIRO 04:21
21 XIANA ESTEVEZ MARRA 04:22
22 SHAIEL SANCHEZ RODRIGUEZ 04:25
23 IVAN ARGIVAY GARRIDO 04:30
24 DARIO DA CUNHA 04:34
25 MATEO FERNANDEZ SOUTULLO 04:41
26 UNAI POZO FERNANDEZ 05:00
27 CARLA GOMEZ PEREZ 05:05
28 LEO CAAMAÑO FERNANDEZ 17:00
Prebenxamín (Nados 2015-2016) 0,35 quilómetros
1 ANTON FERREIRA DORADO 01:17
2 MAELOC BARREIRO SOTO 01:18
3 ALVARO SALGADO ARAUJO 01:22
4 VALENTINA RIZZO SALGADO 01:24
5 THIAGO CARNERO MANSO 01:27
6 XOEL GOMEZ MENDEZ 01:28
7 INES LORENZO GOMEZ 01:30
8 THIAGO VELOSO FIDALGO 01:30
9 VERA DORRIBO GÓMEZ 01:31
10 MARTIN FERNANDEZ IGLESIAS01:34
11 ALVARO MENDEZ RAMOS 01:36
12 ANXO LOPEZ PEREZ 01:37
13 MARIO FERREIRO 01:37
14 BIANCA RIZZO SALGADO 01:38
15 IAN REY MARRA 01:38
16 MARTA JURADO BUSTOS 01:38
17 BRAIS SANTANA BLANCO 01:41