FÚTBOL A LIMIA | O Antela xa completou 41 prazas das 106 nos buses para Maside
O Antela pon a disposición dos afeccionados dou autobuses, 106 prazas en total, para viaxar o domingo até Maside, onde o equipo de Óscar Sabucedo volver xogar outra final polo ascenso a Preferente.
Ademais da gratuidade da viaxe, o club agasalla cunha bufanda e cunha bandeira a cada una das afeccionadas e afeccionados que utilicen os buses. En apenas seis horas deste mércores desde que se fixo pública a iniciativa, o club xa recolleu 41 reservas.
Para facer a reserva só é preciso chamar ao teléfono do club (658 468159) e aportar os datos persoais. "A este ritmo, nun par de días teremos cuberto todo", avisan desde a directiva. "Veremos que pasa, tiñamos un cento de bandeiras e algunhas bufandas máis reservadas".
Os autobuses, da empresa Ruta 82 de Xinzo, a que presta o servizo habitualmente ao club, partirán ás 15:00 horas do domingo desde a estación de autobuses. O partido ten marcada a hora de comezo ás 17:00 horas.
O Antela non é o único club que mobilizará a súa afección este domingo. Tamén o fará o Allariz, que viaxa até A Peroxa onde se disputará o partido clave desta penúltima xornada, á que chegan con opcións o Allariz (16 puntos, líder), o A Peroxa e o Antela (15 puntos ambos) e o Celanova (14).
Todos os implicados no ascenso chegan con baixas sensíbeis a esta xornada. No Antela a principal será Borja Tazos, sancionado. O defensa leva 3 goles nesta fase de ascenso.