jueves. 21.11.2024

Esta fin de semana, Rairiz de Veiga volverá a ser o escenario do tradicional combate entre mouros e cristiáns da Romaría da Saínza, que contará cunha programación festiva os días 22, 23 e 24. Será o domingo cando se libre esta batalla que reúne a milleiros de persoas cada ano.

Este martes presentouse esta festa no Pazo Provincial coa asistencia do deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade; o presidente da asociación Amigos da Saínza, Julio Domínguez; e en representación do bando mouro, o seu capitán, Diego Veloso.

 

Fernández destacou que este evento conta cun "forte arraigo popular" no que o seu principal protagonista é a veciñanza da localidade limiá, que se encarga de representar a súa historia dun xeito "auntético", converténdoa nunha das últimas grandes festas do verán ourensán.

A Deputación colabora con esta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2000, na que o combate de mouros e cristiáns remóntase ao ano 1840. Ademais disto, a romaría contará cun amplo programa de actividades para todos os públicos, mesturando historia, tradición e modernidade. Morgade animou á xente a "gozar un ano máis da Saínza e da súa contorna natural". 

NOTICIAS A LIMIA | Esta fin de semana celébrase a última gran festa do verán, a Romaría...