jueves. 21.11.2024

A antiga construción sobre o río Bidueiro en Ponte Catuxa será derrubada para realizar unha nova infraestrutura de paso que cubra o leito e mellore o tránsito. Así o estipula o convenio de colaboración que veñen de asinar Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz de Veiga, mailo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Antonio Quiroga.

“En aras da colaboración entre administraciones, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará e executará estas actuacións que precisan dun investimento aproximado de 190.000 euros”, afirmaba Antonio Quiroga durante a firma do convenio polo que a CHMS se compromete á realización das obras.

O proxecto contempla a demolición da ponte existente, que se atopa en moi mal estado de conservación, para pór en marcha a construción dunha nova infraestrutura que inda debe ser definida en canto a tipoloxía e forma. O Bidueiro ten nista zona uns 12 metros de anchura, e o novo proxecto construtivo pretende levantar unha ponte que salve o leito sen apoios intermedios.

NOTICIAS A LIMIA | A nova ponte sobre o Bidueiro contará cun investimento de 190.000 euros