25 de agosto de 2021, 17:36
Sobre as 13:30 do mediodía dábase a voz de alarma en Rairiz de Veiga por motivo dun incendio forestal. Concretamente, na zona de Casas de Outeiriño, comezaban as lapas nunha finca de herba seca.
Afortunadamente o fogo non se extendeu en gran parte do terreo grazas ao rápido traballo dos servicios anti - incendios que conseguiron apagar o lume en menos dunha hora.
Movilizáronse ata o lugar medios por terra do SPIF, diversos Axentes Medioambientais, dúas avionetas, un helicóptero especializado e as brigadas de Calvos de Randín e Sandiás.