O BOP de Ourense informou onte da publicación dunha convocatoria de empego no Concello de Rairiz de Veiga na que se ofrecen dous postos relacionados co sector xudicial, concretamente unha praza para xuíz de paz titular e outra para xuíz de paz substituto. A oferta dase debido á proximidade da data de finalización dos mandatos que ocupan tales cargos no concello.
A convocatoria ríxese conforme aos artigos 101 e seguintes da Lei Orgánica de Poder Xudicial e os artigos 4 e 5 do Regulamento dos Xuíces de Paz. Poderán participar nela todo os cidadáns que cumpran estos requisitos:
- Ter nacionalidade española.
- Ser maior de idade.
- Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade establecidas para o desenvolvemento das funcións xudiciais que recollen os artigos 303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial -coas excepcións que estipula o artigo 102 desta norma- .
As solicitudes deberán presentarse nas oficinais municipais durante un prazo máximo de dez días hábiles contados a partires de hoxe. Os postulantes entregarán un documento dirixido á Alcaldía no que especificarán os seus datos de identificación e declaración de non estar incursos en causas de incapacidade ou incompatibilidade para o cargo. A maiores, tamén achegarán unha serie de documentos:
- Certificación de nacemento ou fotocopia compulsada do DNI.
- Documentación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2.1 A. da Lei 68/1980 para especificar se o procesado se atopa inculpado.
- Calquera outro documento acreditativo dos méritos ou títulos que sexan alegados polo solicitante.