20 de agosto de 2021, 17:50
Sobre as 15:00 deste mediodía alertábase dun pequeno incendio na parroquia de Sabariz, en Rairiz de Veiga. O lume comezara a prender nunha zona de parcelas de herba seca, situada a unha longa distancia do pobo.
A rápida intervención dos axentes medioambientais permitiu controlar rapidamente o incendio e nunha escasa media hora dábase xa por apagado na súa maioría. Calcúlase que soamente se viu afectada polas lapas unha hectárea de terreo.
Ata a zona afectada trasladáronse diversos axentes medioambientais, dúas brigadas da Xunta, dúas motobombas e un helicóptero de extinción.