sábado. 23.11.2024

Coincidindo co 7 de abril (Día Mundial da Saúde), a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia deu conta dos seus dez anos de presenza no rural, traballando polo benestar e a calidade de vida neste, a partir da visión da atención á saúde desde unha perspectiva biopsicosocial; na que asumen o concepto da OMS: "A saúde e un estado completo de benestar físico, mental e social e en amornía co medio ambiente".

Con motivo disto, levouse a cabo un encontro online, no que se fixo un percorrido pola década de traballo da asociación, na promoción, prevención e educación da saúde na zona rural.

Neste acto participaron o profesor, antropólogo e escritor Manuel Mandianes Castro, o Dr Jose Manuel Lage Parente, médico comunitario e de familia, Pablo García Vivanco, farmacéutico comunitario divulgador e Máster en Nutrición, e Ana Fernández Orcajada, famacéutica comunitaria. 

Dez anos de historia

Din que para lograr algo primeiro hai que soñalo, e no caso desta asociación, as súas soñadoras conseguiron que se fixera realidade, despois de visitar moitos pobos e aldeas da provincia de Ourense. 

Imos lavar as mans (os seus inicios)

A man adoita ter certa simboloxía, e lavar as mans é a necesidade de limparse e liberarse dos perigos que implican as doenzas que traen os organismos moi pequenos, a primeira ollada parecen estar limpas, pero eles escóndense, viven no noso corpo e transmiten enfermidades que poden ser mortais. Ese ensino de lavarse as mans foi o que permitiu a Lola Rico e Elisa Cadaya saír a percorrer pobos e aldeas fai dez anos.

Isto fixo que recoñecesen as dificultades e problemas de saúde, a soidade crecente dos fogares que ían quedando con casas baleiras e poucos veciños e veciñas, a dor de mulleres maltratadas que gardaron silencio sobre a violencia sexual e doméstica, a forza e a persistencia destas nos coidados, o amor posto en protexer aos que veñen detrás e en ocasións a aqueles maiores que elas. As enfermidades raras.

Tiveron o soño de crear unha rede de escolas de saúde integradas nunha asociación e fixérono. Disto fai dez anos xa. A Escola Rural de Saúde existe e ten os seus brazos en distintos concellos, aínda cando a continuidade se fixo a base de esforzo e resistencia.

A saúde integral (a súa continuidade)

Esa década de vida construíu un concepto de saúde integral vivo que se irradiou. Ten o seu centro na figura das mulleres, na súa proposta de igualdade de oportunidades e no intercambio respectuoso e firme co home. Non pode haber saúde sen o ambiente, sen a contorna e a auga limpa, a vida transfórmase, e esta require de coidados, de entrega, de limpeza, de axuda ao camiñar, de auxilio para curarnos dunha doenza.

Os maiores, os que tanto deron, precisan atención, e xorde a importancia de traballar coas mulleres coidadoras, moitas delas están expostas a numerosas enfermidades e problemas psicolóxicos. Estas requiren de formación, difícil ensino que a maioría aínda non recoñece. 

A formación das coidadoras

A Escola púxose como meta seguir traballando coas coidadoras, continuar nos pobos levando profesionais e asistencia, persistir na Limia. Mediante que medios? Encontros, conversacións, talleres etc. Seguir ensinando as cousas máis sinxelas que poden permitir saúde e próxima alegría.

O que a Escola fai por medio dos seus integrantes, persoas asociadas e colaboradores, é un soño que evidencia a posibilidade de estender e manter o sistema de saúde desde as nosas casas. O uso das plantas para a curación, a valoración das persoas que levan saúde ao rural. 

É importante recoñecer as doenzas máis comúns como a diabetes e difundir a súa adherencia ao tratamento. Ter en conta as enfermidades feminizadas, por exemplo a fibromialxia. As afeccións da cultura machista, a violencia, a sexualidade forzada. A constatación dos aspectos psicolóxicos asociados ás enfermidades. Moitos talleres permitiron elevar a información, a autoestima e o sentimento de que as mulleres non están soas.

Aparece a pandemia

Antes desta xa se puido coñecer da Covid-19. A Escola Rural de Saúde, con axuda de distintos profesionais levaron a información do coronavirus ás comunidades a principios de febreiro do 2020, explicando como defenderse co lavado de mans e coa distancia social.

A pandemia explotou co seu consecuente e terrible impacto: mortes inesperadas, abarrotamento do sistema sanitario, destrución paulatina do tecido institucional; e por outra banda, a explosión da telemática e a necesidade dos coidados. Víronse obrigados a mencionar a relevancia destes, da protección e de estar na casa. As coidadoras volvéronse importantes e lavarse as mans é hoxe a ferramenta máis necesaria.

As pílulas emocionais da saúde

Tamén é necesario o contacto, a comunicación, o recoñecemento das emocións etc, e a Escola, preparou durante a primeira ola da pandemia as chamadas pílulas emocionais da saúde; que se enviaron ás persoas. Estas foron escoitadas nos teléfonos e pola radio, e con iso, algunha xente deixou de sentirse tan soa.

Posibilitouse que as universidades abrisen para todos, sen excepción, formándose por medio das plataformas cibernéticas, xa non se esixía un diploma universitario, xa non era necesaria a cita previa demorada. A Escola Rural de Saúde funcionou como conectora, estableceu a unión coas coidadoras e persoas maiores que estaban soas nas súas casas, ensinou a usar o teléfono e a baixar os programas de internet, fixo conexión para que as mulleres tivesen os seus diplomas. Seguiu liderizando. Estableceu o vínculo para que mulleres de cargos públicos puidesen falar horizontalmente cas do rural.

A telemática (o seu presente)

Hoxe mantén unha aula telemática aberta con distintos profesionais unha vez á semana, á cita acoden unhas vinte e cinco persoas. Conéctanse expertos de fóra de España, e lógranse charlas con especialistas sanitarios; unha das últimas foi sobre a fibromialxia.

As emocións e a saúde instálanse para quedar, e máis xente sabe que lograr unha saúde emocional é importante. Séguese coa atención ás persoas en situación de dependencia, e sábese que sen mulleres os dereitos non son humanos, e por iso, os cursos, os talleres, os encontros, a asistencia e a formación; deben ter unha perspectiva de xénero.

Dez anos poderían facer un relato de días con nomes propios, porque as comunidades, aínda se conservan e permanecen entre os seus veciños e veciñas que se negan a marchar, e entre outros que queren regresar. E aquí atoparan a Escola, na Limia, o rural onde empezou a súa, andaina, xa no 2011.

GUDIN IMAGEN ASOCIACION 2011-minFoto emblemática da asociación, primeiro taller impartido pola Escola en Gudín, ano 2011. | Foto: Cedida. 

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia leva unha década traballando para o rural