CORONAVIRUS A LIMIA | A cifra de casos activos redúcese na comarca un 42% no que vai de mes
O lento descenso da curva dos casos activos no día continúa este xoves na Limia. A respecto de onte, houbo descenso no número de rexistros no Blancos, Porqueira, Sandiás, Vilar de Barrio e Xinzo. Só Sarreaus incrementou a cifra nun caso máis. Baltar segue a cero, e Trasmiras e Calvos, con un só rexistro.
Na avaliación mensual, a comparación co último día de xaneiro permite constatar que, malia a lentitude, a curva baixa de maneira continuada. O día 31 de xaneiro rexistráronse no conxunto da comarca 307 casos. Hoxe son 120, un 42% menos. A caída en Xinzo foi algo máis pronunciada, un 44%, e pasou de 180 aos 80 casos anotados este xoves.
A incidencia acumulada en Xinzo, segundo o SERGAS, é de 47 novos casos nos últimos sete días. Nese mesmo período, desde o venres da semana pasada, a conta diaria baixou de 101 a 80 casos.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS (-1) 2
CALVOS DE RANDÍN (=) 1
PORQUEIRA (-2) 4
RAIRIZ DE VEIGA (=) 6
SANDIÁS (-2) 11
SARREAUS (+1) 2
TRASMIRAS (=) 1
VILAR DE BARRIO (-1) 3
VILAR DE SANTOS (=) 2
XINZO DE LIMIA (-1) 80
En Xinzo, a incidencia rexistrada nos últimos catorce días sinala 110 novos contaxios detectados. A cifra de activos nun só día pasou de 114 a 80 casos. Polo momento, todas as estatísticas manteñen unha tendencia á baixa, sen que se teñan apreciado eventuais impactos pola relaxación das medidas sanitarias.
O SERGAS informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477, deles 2.679 na provincia de Ourense, 87 menos que onte.