O SERGAS dá por rematada a campaña de cribado e hoxe pecha os puntos fixos de realización de test

CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca, por baixo dos 100 casos activos, dous meses despois

Centro de Saúde de Sandiás.

Desde o 28 de decembro de 2021, hai dous meses, a comarca da Limia non rexistraba unha cifra tan baixa como a deste luns. O último día de febreiro trouxo un descenso de 11 casos activos de covid despois de dous días sen estatísticas. A cifra de hoxe é de 92 contaxios.

A tendencia mantense en Xinzo, que rebaixa de novo o número até os 62 rexistros. Sobe Baltar, que dúas semanas despois volve anotar un caso. O 11 de febreiro Baltar quedou a cero e así se mantivo até hoxe. 

No resto de concellos, os números seguen igual. Non houbo variación na cantidade desde o venres nos Blancos, Calvos, Porqueira, Rairiz, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Santos. Ademais de en Xinzo, a cifra viuse reducida en Sandiás e Vilar de Barrio.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación +1) 1 (activos)
OS BLANCOS  (=) 1
CALVOS DE RANDÍN (=) 1
PORQUEIRA  (=) 2
RAIRIZ DE VEIGA (=) 8
SANDIÁS (-2) 9
SARREAUS (=) 2
TRASMIRAS  (=) 1
VILAR DE BARRIO (-1) 2
VILAR DE SANTOS  (=) 2
XINZO DE LIMIA  (-9) 63

Tamén na estatística de incidencia acumulada que manexa o SERGAS hai boas noticias. O número de novos casos detectados nos últimos sete días (a data de onte) baixou a 34 en Xinzo. En Trasmiras, Vilar de Santos e Vilar de Barrio non se ten detectado caso ningún nese período. 

Hoxe o SERGAS pechará os puntos fixos de cribados nas localidades, nos hospitais, en Expourense e na Casa da Xuventude de Ourense. O SERGAS informa que se realizaron máis de 50.000 test neses puntos entre xaneiro e febreiro. Os últimos test ofreceranse esta tarde, até as 20:30 horas, no Espazo Xove da Casa da Xuventude.