CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca volve estar por riba con 100 casos
A comarca da Limia rematará a primeira semana de maio por riba do cento de casos activos de covid. Hai 106 rexistros este venres. Son 12 máis que hai unha semana. As variación son mínimas desde principios de abril. Por exemplo en Xinzo, onde nunha semana a cifra total apenas se incrementou nun caso. Está no 41, no mesmo rango que leva as últimas cinco semanas.
Os concellos que experimentaron máis cambios foron Baltar (para mellorar) e Vilar de Barrio e Rairiz de Veiga (para empeorar). A respecto de hai unha semana, en Baltar redúcese a cifra de contaxios activos de 14 a 9. Na banda oposta, en Vilar de Barrio triplicase a cifra e en Rairiz, duplícase.
Así están os rexistros:
(variación desde o venres 29 de abril)
BALTAR (variación -5) 9 (activos)
OS BLANCOS (+1) 4
CALVOS DE RANDÍN (=) 1
PORQUEIRA (+2) 3
RAIRIZ DE VEIGA (+6) 11
SANDIÁS (-3) 1
SARREAUS (=) 5
TRASMIRAS (+3) 12
VILAR DE BARRIO (+10) 15
VILAR DE SANTOS (-1) 4
XINZO DE LIMIA (+1) 41
A situación en Xinzo é relativamente mellor que en Celanova, onde a incidencia acumulada é de 52 casos en catorce día; en Allariz, tamén con menos poboación que Xinzo, con 59 casos nese período; que en Ribadavia alcanzan os 65 e en Verín, os 131.
Este venres o SERGAS informou de que no país hai 17.508 casos activos, 18 persoas están na UCI por causa da covid e 658, hospitalizadas. Segundo os datos oficiais, desde o principio da pandemia (marzo de 2020, van xa 25 meses) as persoas falecidas en Galicia por esta causa foron 3.369. Administráronse, desde principios do ano pasado, 6,6 millóns de doses de vacina.
Na estatística de incidencia acumulada para cada concello, e con datos de onte, as autoridades sanitarias rexistraron 28 novos contaxios en Xinzo no período de sete días anteriores, e 45 no período de catorce días. É dicir, a media diaria aumentou lixeiramente na última semana.
A respecto doutras vilas da contorna, a situación en Xinzo é relativamente mellor. En Celanova, con menos de 6.000 habitantes, a incidencia acumulada é de 52 casos en catorce día; en Allariz, tamén con menos poboación que Xinzo, de 59; en Ribadavia alcanza os 65 e en Verín, os 131.