En Xinzo, a cifra (ao redor dos 30 contaxios) leva estancada desde principios de mes

CORONAVIRUS A LIMIA | Porqueira reduce os casos activos á metade de hai unha semana

Centro de saúde de Porqueira.

Despois de seis días sen datos sobre os rexistros oficiais, o número de casos activos de covid apenas variou na Limia: dos 92 do mércores pasado aos 85 de hoxe. Unha rebaixa dun 7% malia os incrementos en Xinzo, Baltar, Os Blancos e Sandiás.


As cifras reducíronse en catro concellos, pero en ningún tanto como no de Porqueira, onde pasan das 24 anotacións ás 11 en menos dunha semana. Con estes números, Porqueira e Trasmiras seguen a ser os concellos con máis incidencia en relación á poboación. Ambos teñen 11 rexistros.


En Xinzo, onde aumentaron en dous os casos activos, hai a día de hoxe 35 persoas contaxiadas. É practicamente o mesmo número que hai quince días. A capitalidade da comarca está estancada ao redor dos trinta casos activos nun día desde principios de mes.

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación +5) 6 (activos)
OS BLANCOS  (+1) 4
CALVOS DE RANDÍN (-3) 1
PORQUEIRA  (-13) 11
RAIRIZ DE VEIGA (=) 4
SANDIÁS (+4) 5
SARREAUS (+1) 5
TRASMIRAS  (=) 11
VILAR DE BARRIO (-2) 2
VILAR DE SANTOS (-2) 1
XINZO DE LIMIA  (+2) 35

En calquera caso, e cunha perspectiva máis ampla, as cifras son notabelmente mellores en Xinzo que hai un mes. Con datos do 18 daquel mes, o número de casos en Xinzo reduciuse a en 100 rexistros. No conxunto da comarca, o número de casos activos reduciuse nu 58%.

A respecto da incidencia acumulada, en Xinzo contabilizáronse 22 novos casos nos sete días anteriores e 35 nos catorce anteriores. En Porqueira, no último período de catorce días os novos casos detectados foron 11. En Trasmiras, no mesmo período, houbo 12.