CORONAVIRUS A LIMIA | Incremento de casos en Calvos e Porqueira, e estabilidade xeral
A comarca da Limia suma este martes 216 casos activos de covid. Despois de catro días sen datos públicos, a situación semella estábel. En Xinzo de Limia a variación é mínima a respecto do pasado venres: un caso menos. No resto de concellos os cambios tamén son pouco significativos. En conxunto hai 11 contaxios activos máis que o venres.
Soben as cifras en Calvos (catro máis, e chega a 9) e Porqueira (oito, e suma 18). No lado contrario, ademais de en Xinzo, houbo baixadas nos Blancos, Trasmiras e Vilar de Barrio.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 2 (activos)
OS BLANCOS (-1) 2
CALVOS DE RANDÍN (+4) 9
PORQUEIRA (+8) 18
RAIRIZ DE VEIGA (+2) 11
SANDIÁS (+1) 15
SARREAUS (+3) 11
TRASMIRAS (-4) 5
VILAR DE BARRIO (-1) 2
VILAR DE SANTOS (=) 7
XINZO DE LIMIA (-1) 134
A situación parece estábel. Hai unha semana, o martes 15, a comarca rexistraba 197 casos. Hoxe hai 19 máis. Mentres en Xinzo a cifra caeu de 137 a 134 casos, no resto de concellos, en conxunto, pasouse de 60 a 82 casos. O debuxo da curva en Xinzo é plano. E volve aos niveis da terceira semana de febreiro, en pleno descenso da sexta onda.
Despois de dúas semanas desde o remate do Entroido, o efecto que se pode atribuír as festas é mínimo. En canto á incidencia acumulada, con datos a día de onte, o SERGAS informa que en Xinzo detectáronse 77 novos casos nos sete días anteriores e 172 nos catorce días anteriores. É dicir, a cifra de contaxios vai decrecendo.