lunes. 25.11.2024

Do primeiro mércores do mes, o día 2, ao segundo, hoxe, os casos activos de covid-19 duplicáronse en Xinzo. A capitalidade volve estar hoxe moi próxima ao centenar de contaxios activos nun día, rexistra 99. O día 21 de febreiro, luns, Xinzo tiña baixado dos 90 casos. 


O dato da incidencia acumulada nos últimos sete días tamén segue medrando. Onte eran 72 casos detectados nese período; hoxe xa son 83 (e 109 nos últimos 14 días, o que dá idea de que a maior incidencia está aparecendo nos últimos días).


Así están os rexistros
BALTAR  (variación +1) 3 (activos)
OS BLANCOS  (=) 0
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA  (=) 5
RAIRIZ DE VEIGA (=) 2
SANDIÁS (=) 7
SARREAUS (=) 1
TRASMIRAS  (=) 6
VILAR DE BARRIO (=) 5
VILAR DE SANTOS  (-1) 4
XINZO DE LIMIA  (+9) 99


No conxunto da comarca a variación a respecto de onte foi de 9 casos activos máis. En Baltar hai un máis; en Vilar de Santos, un menos. A aparente estabilidade que se está a rexistrar na comarca, xa coa maioría dos concellos en números moi baixos, mantén aos Blancos a cero, e tampouco houbo cambios en outros sete municipios.


Segundo o SERGAS, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.462, deles 2.504 están na provincia de Ourense. Son 123 máis que onte, un 5% de incremento nun día.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo duplicou os casos activos na última semana