jueves. 21.11.2024

"Só temos que seguir as regras. Seremos esixentes, cumpriremos máis do que se nos require", dixo Boaventura Moura, presidente da Associação de Produtores de Fumeiro da Terra Fria Barrosã, a semana pasada na última sesión preparatoria do gran evento gastronómico arraiano: a Feira do Fumeiro, que se celebrará entre mañá xoves e o domingo na localidade portuguesa de Montalegre.

Boaventura Moura, máximo responsábel da entidade co-organizadora (coa Câmara de Montalegre), advertía así de que se tomarán medidas sanitarias excepcionais. "Non teremos a feira de sempre. O espazo será para vendedores e compradores. Todos deberán someterse a test e mellorarase a embalaxe dos produtos. As condicións da pandemia así o esixen"

Con todo, os datos son notábeis: 50 expositores de fumeiro, 8 expositores doutros produtos tradicionais (mel, compotas, pan e derivados e licores), 2 de viños e 2 de artesanía non alimentaria. Mil quilos de mel, mil de compotas, mil de pan de centeo e empanadas... Esta será a 31.ª edición, reducida. Pero volverá ser presencial.

No 2020, durante a 29.ª edición, semanas antes da declaración da pandemia, visitaron a Feira do Fumeiro unhas 50.000 persoas. O impacto económico na vila, segundo cálculo da Câmara municipal, foi duns 5,9 millóns de euros (3,2 millóns no propio recinto feiral). Case o 80% dos vístante chegaron doutras localidades. 

A marca Fumeiro de Montalegre, presume a organización, consolídase. Os prezos para esta edición van desde os 30 euros/quilo do salpicão (o chourizo tradicional do norte portugués) e os 27 do pressunto desosado (xamón) até os dez euros da barriga, os pés, a cabeça ou o peito

Feira do Fumeiro. Montalegre. Alimentación (2)Feira do Fumeiro do 2016. | FOTO: Câmara de Montalegre

O ano pasado, a Feira celebrouse de maneira virtual. A plataforma en liña segue a funcionar. Mais a organización quixo "dar confianza" a produtores e consumidores, en palabras do vicepresidente da Câmara de Montalegre, David Teixeira. "É un gran esforzo o que se está a facer. A clave de volver á feira física foi a vontade dos produtores e do sector hostaleiro".

Na edición do 2020, o impacto económico na vila segundo cálculo da Câmara municipal, foi duns 5,9 millóns de euros (3,2 millóns no propio recinto feiral).

Desde o 2006, a rainha do fumeiro celébrase no Parque de Exposições e Feiras de Montalegre. Pasado mañá xoves, ás 16 horas, terá lugar o acto de inauguración no auditorio municipal. Mais a feira deste ano comezou moito antes. Segundo establecen as normas, o sistema de control comeza en febreiro do ano anterior. 

Os produtores deben de se inscribir indicando o número de animais que han criar para producir os fumeiros. Posteriormente, unha comisión visita aos produtores e sinaliza aos animais. Durante o ano, os produtores son visitados de forma aleatoria. A comisión, integrada tamén por produtores, verifica se a alimentación dos animais segue as pautas da alimentación tradicional

NOTICIAS DA RAIA | Montalegre recupera a Feira do Fumeiro, o gran evento da tradición...