jueves. 21.11.2024

“Cara a fin de semana o tempo estará seco e os ceos, despexados, e haberá vento frouxo do sureste”, din desde o servizo de Predición Operativa de MeteoGalicia. “Na área da Limia, é posíbel que se formen néboas de madrugada, debido a que o aire frío é máis denso e pesado, mais non serán duradeiras”.

Este xoves as temperaturas amañeceron por baixo dos cero graos en todos os concellos da Limia. A mínima da comarca marcárona os concellos orientais: Sarreaus, Sandiás e Vilar de Barrio, con -3 graos. Con -2 graos espertaron en Baltar, Calvos, Trasmiras, Vilar de Santos e Xinzo. E con -1 graos, nos Blancos e Porqueira.

De cara a mañá e á fin de semana, a previsión é que as temperaturas soban discretamente por riba dos cero graos. “Teremos madrugadas de xeadas e temperaturas máximas ao redor dos dez graos, lixeiramente por baixo do habitual nesta altura de ano”, engaden desde MeteoGalicia.

No país, o inverno entrou despois dun decembro normal en canto a chuvias e cálido no que respecta ás temperaturas. A singularidade da conca do Limia é que o mes pasado rexistrou unhas precipitacións por baixo dos valores normais no período de referencia (1981-2010). Porén, na Baixa Limia, en especial na parte oeste do Xurés, os valores foi máis altos.

O mes pasado a conca do Limia rexistrou unhas precipitacións por baixo dos valores normais no período de referencia (1981-2010).

Mañá, día de feira en Xinzo, as previsións son de 0º nas primeiras horas do día, en ascenso até os 6º ao mediodía.

As mínimas na comarca este xoves nos rexistros de MeteoGalicia:
    • Baltar: -2º
    • Os Blancos: -1º
    • Calvos de Randín: -2º
    • Porqueira: -1º
    • Rairiz de Veiga: -2º
    • Sandiás: -3º
    • Sarreaus: -3º
    • Trasmiras: -2º
    • Vilar de Barrio: -3º
    • Vilar de Santos: -2º
    • Xinzo da Limia: -2º

NOTICIAS A LIMIA | Temperaturas baixo cero hoxe en toda a Limia, continuarán as xeadas