miércoles. 22.01.2025

No día de onte Manuel García Suárez, de 59 anos, faleceu na estrada N-525 en Ourense. Segundo as primeiras investigacións, todo indica a que perdeu a vida froito dunha conducta autolítica.
 

O veciño de Lobaces foi atopado con graves lesións preto da rotonda na que se accede á autovía A-52 en sentido Ourense.

Foron os particulares que andaban polas proximidades os que tentaron asistilo nun primer momento, realizándolle maniobras de reanimación ata que chegara o servizo de ambulancia.

As patrullas da Garda Civil de Tráfico regularon o tránsito mentres o varón estaba sendo asistido, aínda que pouco se puido facer debido a gravidade das súas lesións, que resultaron ser incompatibles coa vida.
 

O seu funeral celebrarase no día de mañá, mércores 22, ás 17,30 horas, desde o Velorio de Trasmiras ata a Igrexa Parroquial de Lobaces, alí terán lugar as honras fúnebres polo seu eterno descanso e o traslado ao panteón familiar.

NOTICIAS XINZO | Morre un veciño de Trasmiras ao precipitarse dunha ponte en Allariz